A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As mobilizacións do sector leiteiro trasladáronse a Betanzos

LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As mobilizacións do sector leiteiro trasladáronse a Betanzos

29 de Septembro do 2009

300909BETANZOS

Ás 12:30 desta mañá gandeiras e gandeiros de Betanzos e Teixeiro xuntáronse  nunha leira ubicada no cruce da N-VI en Montesalgueiro (concello de Aranga, comarca Betanzos), para levar adiante unha nova acción reivindicativa co gallo de seguir mantendo a atención sobor da grave crise que está a esnaquizar a espiña dorsal que vertebra o rural deste país: as explotacións leiteiras.

Coa vista posta no vindeiro luns día 5, no que terá lugar un cumio extraordinario de ministras e ministros de agricultura europeos en Bruxelas, o sector loita por manter a presión social co obxectivo de que nesta reunión a nosa ministra de agricultura defenda unha posición que signifique dar solucións ás demandas do sector produtor europeo:

 

  • Prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o noso traballo,

  • A redución da produción para equilibrar produción e demanda,

  • A redistribución da cota global europea en base a criterios sociais,

  • O mantemento de mecanismos de control da produción.

Nesta mobilización participaron aproximadamente 400 explotacións dos concellos de Sobrado, Curtis-Teixeiro, Vilasantar, Cesuras, Irixoa, Paderne, Vilarmaior, Monfero, Oza e Mesía, que aportaron un total de 90.000litros de leite, transportado en 11cisternas.

300909(1)300909(2)300909(3)

 300909(4)300909(5)300909(6)

 Vídeos das mobilizacións:

 

Declaracións Carme Freire Cruces canda gandeir@s da zona de Betanzos-Teixeiro
http://www.youtube.com/watch?v=mTCneM8FLfU

Datos participación proporcionados por Carme Freire
http://www.youtube.com/watch?v=Or8YH3t2q4w

Inicio esparexemento
http://www.youtube.com/watch?v=JtZXcMAgoQM

Esparexemento leite Betanzos 2
http://www.youtube.com/watch?v=71xp4PE1Rfg

Esparexemento leite Betanzos 3

http://www.youtube.com/watch?v=UkDKwOym_lQ

Saída cisternas
http://www.youtube.com/watch?v=hxNlFwi14ws