A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Especular co leite como saída á crise: un ataque a toda a sociedade

Especular co leite como saída á crise: un ataque a toda a sociedade

8 de Outubro do 2009

Carme Freire, secretaria xeral

Na mañá de hoxe, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, analizou en rolda de prensa, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, as recentes propostas enunciadas polas ministras e ministros de agricultura europeos, logo da reunión extraordinaria que mantiveron o pasado 5 de outubro. Nomeadamente a proposta da comisaria Fischer Boel ao respeito de que os estados membros aumenten as axudas económicas directas aos produtores e produtoras de leite, e a introdución do leite nun “mercado de futuros”.

Extracto vídeo da rolda de prensa. Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG.

 

 http://www.youtube.com/watch?v=IYyF13laQIg

 

 

81009

En primeiro termo, reiteramos o feito de que a solución á actual crise do sector leiteiro non custaría nin un euro, se os ministros e ministras reconsideraran as decisións políticas que adoptaron fai menos dun ano (aumento lineal da produción do 1%, liberalización da produción e o non establecemento de prezos mínimos) e acordaran reducir a produción para equiparar oferta e demanda, manter mecanismos de control de produción para non anegar con excedentes os mercados -nin os europeos nin os de fóra-, e a estipulación dun prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o noso traballo.

Nembargantes, o que si que custa millóns de euros ás cidadás e cidadáns europeos é seguir financiando a exportación e o almacenamento público e privado dos excedentes provocados polas decisións dos ministros e ministras.

Non queremos axudas en troques de prezos.

A instrumentalización política destes anuncios de axudas económicas reside no seu obxectivo de dar a impresión á cidadanía de que somos un sector fortemente subvencionado, tentando anular deste xeito a lexitimidade das nosas reivindicacións ao esixirmos cobrar un prezo xusto polo noso traballo acompañado de axudas puntuais na actual situación de grave crise.

Neste senso, lembrar que, ademais, o 65% das axudas agrícolas comunitarias van parar somentes a un 5% de explotacións europeas(1), elenco composto dos e das maiores terratenentes de todo o territorio da U.E.

MERCADO DE FUTUROS (2)

A proposta realizada pola comisaria Fischer ao respeito da creación dun “mercado de futuros” para o leite é simplemente arrepiante.

Os mercados de futuros funcionan mediante contratos para o subministro de materias primas -como poden ser o petróleo o o azucre- ou activos financieiros nun prazo de entrega "futuro" que se determina previamente. Este tipo de mercado implica un alto grao de especulación ao basearse sobre cálculos de comportamento e previsións sobre a oferta e a demanda.

Así, no caso do leite, xogarán co seu aprovisionamento para sacalo ao mercado cando mellor lle conveña, independentemente de se hai ou non necesidade del. Igual que estiveron e están a facer cos cereais.

Durante o ano 2008, o ano da tripla crise: económica, enerxética e alimentaria, tivo lugar a meirande produción de cereais da historia da humanidade, sen embargo, foi tamén o ano das que se deron en denominar as “revoltas da fame” en México, Exipto, Senegal... E tamén se acadou a tasa máis grande de afectados/as por desnutrición e mortes por fame segundo a FAO: mil millóns de persoas.

Foi tamén o ano das restricións de cereais nos supermercados do primeiro mundo, onde puidemos ver durante meses imaxes na televisión de cidadáns e cidadás “aprovisionándose” de máis paquetes de arroz do normal, a un prezo máis alto do normal.

As propostas enunciadas polos ministros e ministras da UE deixaríannos, as labregas e labregos e á cidadanía en xeral, en mans dos poderes económicos, promocionando a especulación coa alimentación de toda a humanidade.

**Ferramentas informativas ao respeito do reparto das axudas da PAC, así coma referentes dos graves efectos que ten a inclusión da alimentación nos mercados especulativos:

1,1 Quen queda cos cartos da PAC?, Ana Rodríguez -Secretaria de Desenvolvemento Rural do SLG-, Fouce nº274, Xuño 2009.

http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=18

 

Artigo realizado con datos obtidos nos seguintes buscadores:

Buscador beneficiarios/as PAC Estado español.

http://www.fega.es/PwfGcp/es/accesos_directos/consulta_de_beneficiarios_de_ayudas_de_la_pac/index.jsp

Buscador beneficiarios/as PAC Europa.

http://ec.europa.eu/agriculture/funding/index_es.htm

 

1,2 Grandes terratenientes, multinacionales o millonarios son agraciados con las ayudas PAC de la UE, Rebelión.org, 21/05/09.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=85716

 

1,3 Goliat contra David. Quién gana y quién pierde con la PAC en España y en los países pobres. Informe de Intermón Oxfam, marzo 2005.

http://www.intermonoxfam.org/UnidadesInformacion/anexos/2970/0_2970_170305_Goliat_contra_David.pdf

 

2,1 Motines del hambre, Ignacio Ramonet, Le Monde Diplomatique, Numero 151, Maio 2008.

Crisis alimenticia. El FMI y el hambre, Serge Halimi, Le Monde Diplomatique, Numero 151, Maio 2008.

 

2,2 Los precios de los alimentos y la especulación, Revista Gloobal Hoy, 3/11/08

http://www.gloobal.net/iepala/gloobal/fichas/ficha.php?id=5785&entidad=Noticias

 

3,3 "La Cumbre de la FAO de Roma es un fracaso total", Entrevista a Jean Ziegler, ex ponente da ONU para o Dereito á Alimentación. Rebelión.org. 10/06/08

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=68618

 

 

 

 81009

Ficheiro para descarregar: Audio completo da rolda.

Ficheiro adxunto