Dende a mañá de hoxe até o martes 27, o Sindicato Labrego Galego , en coordenación coa Vía Campesina Europa, está a levar a cabo un seminario no Hotel Congreso de Teo (Compostela) co gallo de abordar conxuntamente, produtores e produtoras que nos atopamos baixo a constricción das políticas da PAC, a actual situación do sector leiteiro europeo.
Galería de imaxes:
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=19&c=50
Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral- e Lídia Senra -Secretaria de Organización e Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina- representan ao Sindicato Labrego Galego neste encontro europeo.
En canto á presencia internacional, Charo Arredondas asiste en representación da UGAM (Unión de Ganaderos y Agricultores de Montaña) e da COAG (Coordinadora de Agricultores y Ganaderos), Josian Palach pola CP (Confédération Paysanne), José Miguel Gonçalves pola CNA (Confederaçao Nacional da Agricultura), Xabier Delwarte por FUGEA (Fédération Unie de Groupements d'Eleveurs et d'Agriculteurs) e Gerard Choplin pola EC-VC (Coordenadora Europea Vía Campesina).
Unión de Ganaderos y Agricultores de Montaña: http://ugam-coag.blogspot.com/
Confédération Paysanne: http://www.confederationpaysanne.fr/
Confederaçâo Nacional da Agricultura: http://www.cna.pt/
Fédération Unie de Groupements d'Eleveurs et d'Agriculteurs: http://www.fugea.be/
Coordenadora Europea Vía Campesina: http://www.viacampesina.org
SEMINARIO EUROPEO DO LEITE 2009: SITUACIÓN ACTUAL DO SECTOR LEITEIRO EN EUROPA
PROGRAMA
LUNS 26
10,30 H Chegada das e dos participantes
11.00 H.- Presentación do seminario. Obxetivos
11,15 H.- Presentación das e dos participantes
11,30 H Presentación da situación de prezos en Europa e nos diferentes paises, a cargo de representantes da Galiza e de organizacións de España, Francia, Bélxica, Portugal.
12,00 H.-Debate informativo sobre prezos
12h 30 H.- Descanso
12h45 debate: Evaluación da situación europea despois das mobilizacions de setembro e outubro e das decisións de la UE: perspectivas
14, 00 H.- Comida
15,30 H.- Informe sobre as propostas e o traballo da Coordenadora Europea Via Campesina.
16,00 H.- Situación a nivel de produción, e perspectivas de mercado a nivel europeo
17,00 H.- Cal é a situación en canto a produción e ao mercado en cada país?
18,30 H.- Fin da primeira xornada
20, 00 H.- Cea.
MARTES 27
8,30 H.- Elaboración de conclusións e propostas sobre a situación en canto a prezos, produción e mercados
11,00 H.- Descanso
11,15 H.- Exposición sobre o grupo de alto nivel.
11,30 H.- Propostas para o grupo de alto nivel a presentar na audiencia do 10 de novembro
13,00 H.- Comida
14,30 H.- Como continuar traballando para unha nova política leiteira que aborde a crise
16,00 H.- Fin do seminario.