A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Modificacións normativas son as que nos poden dar prezo pra poder vivir nas explotacións

Modificacións normativas son as que nos poden dar prezo pra poder vivir nas explotacións

18 de Decembro do 2009

leite

As organizacións profesionais agrarias Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, as únicas que ostentan a lexitimidade da representación dos sectores produtivos agrarios e da defensa dos seus intereses, así como as cooperativas agrupadas en AGACA, dada a especial situación crítica dos produtores lácteos de Galiza, reuníronse no día de hoxe co Conselleiro do Medio Rural, o Director Xeral de Produción Agropecuaria e a Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais.

Neste encontro, os/as representantes das organizacións agrarias e das cooperativas obtiveron o compromiso da Administración autonómica dun apoio firme e decidido ás demandas dos/as produtores/as lácteos.

 

Así, a Consellería do Medio Rural asume estes prantexamentos no que compete a súa xestión e se compromete a transmitirlle á Administración Central a necesidade de que asuma tamén súa responsabilidade para acadar a recuperación de prezos por riba dos custos de produción co obxectivo de garantir a viabilidade das explotacións. Todas as partes coincidiron en que a lenta recuperación de prezos a nivel comunitario tense que trasladar aos gandeiros/as galegos/as. Neste proceso considérase fundamental por todas as partes a modificación do marco normativo actual na Unión Europea.

Este será un dos puntos centrais que co presidente do Goberno do Estado, o Sr. Zapatero, van ter as Organizacións Agrarias antes de finais de ano.

Organizacións agrarias e cooperativas consideran que é preciso seguir avanzando na estabilización de relacións interprofesionais e no equilibrio do peso nas negociacións do sector produtor.