A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Axudas á recría: outra vítima do “recorte presupostario”

Axudas á recría: outra vítima do “recorte presupostario”

29 de Xaneiro do 2010

recría

No DOG publicado onte, xoves 28 de xaneiro, atopamos a resolución das solicitudes de axuda ó fomento da recría de vacún, convocadas no mes de febreiro do pasado ano 2009. Máis do 75% foron rexeitadas.

recria

Non sabemos se o problema foi falta de previsión ou ben que esta dotación orzamentaria foi vítima dun novo “recorte presupostario”, pero o certo é que das 4.234 solicitudes denegáronse 3.290 (o 78 %), e destas 2.649 foron denegadas por “extinción de crédito” (o 63 % das solicitudes).

 

Como as axudas están convocadas en réxime de concurrencia competitiva, nada podemos dicir legalmente á denegación, pero si queremos deixar patente que, cando menos, resulta alarmante que 2.649 explotacións (máis da metade das que solicitaron) que cumpren coas condicións da convocatoria, resulten privadas da axuda.

 

Ademais estes recortes son algo xeralizado tamén nas axudas que xa están concedidas, xa que moitas das explotacións non están a cobrar o total que lles correspondería segundo os baremos especificados nas convocatorias.

 

“Axudas” coma esta cumplen moi ben, xa que logo, a máxima de “quedar ben e gastar pouco”, complementada cunha clara falta de previsión ou de cálculo, ou ben cun gran descoñecemento do sector.

 

Son estas as grandes liñas que se perfilan para quitar da bancarrota á gandeiría de vacún na Galiza?

 

Dende o SLG esiximos seriedade e rigor de cara a vindeiras convocatorias, e senon é así, alomenos que se absteñan de usar a gandeiría como eslogan publicitario, facendo quedar a gandeiros e gandeiras diante da cidadanía como receptores/as de multiplicidade de axudas que en realidade non perciben.