A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Lídia Senra reúnese co Grupo de Alto Nivel da UE para o sector leiteiro

Lídia Senra reúnese co Grupo de Alto Nivel da UE para o sector leiteiro

1 de Febreiro do 2010

Lídia Senra, responsábel de sectores  gandeiros na ECVC e secretaria de organizacion do slg

Ás 12:00hrs. de mañán, martes 2 de febreiro, Lídia Senra Rodríguez -Secretaria de Organización do SLG-, será a voceira encarregada de respostar en Bruxelas ás preguntas da segunda e derradeira quenda de consultas  do Grupo de Alto Nivel da UE para o Sector Leiteiro, dando conta das propostas elaboradas pola Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte sendo na actualidade Lídia Senra a Responsábel europea de Sectores Gandeiros.

 

Información relacionada:

 

*12 de Novembro do 2009. Propostas da ECVC e valoración da reunión mantida co Grupo de Alto Nivel da UE en materia de sector leiteiro. http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=27&i=409

 

*O “Grupo de alto nivel en materia do sector leiteiro” (High Level Expert Group on Milk (HLG)-Groupe d’Experts à Haut Niveau de l’UE sur le lait ) foi creado a principios do outubro pasado pola Comisión Europea para examinar o futuro a medio e longo prazo do sector leiteiro. Está presidido por Jean-Luc Demarty, Director Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión, ficando os 27 Estados membros representados por “alt@s funcionarios/as”. O seu primeiro encontro foi o 13 de outubro do ano pasado en Bruxelas: http://ec.europa.eu/agriculture/markets/milk/index_en.htm

 

*14 de Outubro de 2009.. Leite : Primeira reunião do Grupo de Alto Nível analisa as relações contratuais e o poder de negociação no sector leiteiro.

http://europa.eu/rapid/pressReleasesAction.do?reference=IP/09/1521&format=HTML&aged=0&language=PT&guiLanguage=en