A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. CELEGA: prima por lactosa/ desconto por lactosa

CELEGA: prima por lactosa/ desconto por lactosa

26 de Febreiro do 2010

o leite é noso

Dende o SLG queremos denunciar publicamente os movementos, canto menos extraños, que se están a realizar co capital das gandeiras e gandeiros, e dos cales descoñecemos o seu obxectivo.

Os gandeiros e gandeiras produtoras de leite que venden a sua produción á empresa transformadora CELEGA, levan dous meses que non deixan de sorprenderse ao ver a factura de cobro do leite.

 

A do mes de decembro víu incrementado o prezo de maneira notoria, sen ningunha causa aparente e sin que ninguén lles explicara a que era debido. Agora nestes días que están a recibir a factura de xaneiro, o prezo aparece mermado nunha proporción tal como a de aumento no mes pasado, tamén sen que se lles notificara o motivo.

 

Para explicarnos: no mes de decembro a industria inventou un concepto que ninguén coñecíamos: “prima por lactosa” , o que significaba un incremento de prezo. Isto en xaneiro converteuse en “desconto por lactosa”, que é a mesma cantidade pero en negativo (desconto) .

 

No sector lácteo, queimado abondo polos baixos prezos e polo difícil que é manternos producindo nas actuáis condicións, o que nos faltaba era que índa por riba as industrias nos pagasen cando e como lles peta, sen dar explicación algunha.

 

Non sabemos se se trata dunha estratexia para xustificar un prezo medio en 2009 que non foi verdade, ou se simplemente esta industria adícase a facer movementos especulativos cos nosos cartos.

 

Dende o SLG queremos denunciar publicamente os movementos, canto menos extraños, que se están a realizar co capital das gandeiras e gandeiros, e dos cales descoñecemos o seu obxectivo. Esta fluctuación na facturación mantendo unha total opacidade informativa ao respeito constitúe unha falta de respecto vergoñenta cara as gandeiras e gandeiros que venden o leite a Celega.