A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O monopolio da industria láctea ameaza a capacidade de negociación do sector produtor

O monopolio da industria láctea ameaza a capacidade de negociación do sector produtor

8 de Marzo do 2010

puleva

O anuncio de preacordo de compra de PULEVA por parte de LACTALIS deixa patente a tendencia á concentración do capital do sector industrial en cada vez menos mans, e inda por riba nas mans do capital francés, xa hexemónico no sector.

Na Galiza cada vez temos menos industrias e máis grandes, estranxeiras, e con máis poder no sector para impoñer os seus criterios, sobor de todo de prezos á baixa, como levan facendo no último ano e medio.

 

Para o sector produtor non é nada bó que o sector industrial se concentre en mans da industria de capital de fóra, que pouco ou ningún interese teñen en manter un sector produtivo próspero para o noso país.

 

Pola contra, pra comezar a mudar a grave situación de crise que están a atravesar as explotacións leiteiras, sería bó que o sector industrial se implicara en defender o tecido produtivo que inda fica na Galiza, comezando a pagar a materia prima a prezos que permitan manter as explotacións e aos gandeiros e gandeiras nelas.

 

Tamén é curioso que dende as Administracións, facendo alarde dun absoluto liberalismo, se mire para outro lado, coma se isto non fose con elas. Mais é agora, en pleno debate de modificación da política leiteira, o momento de defender un tecido industrial con capital galego e unha política de prezos dentro da UE na procura de garantir que, aparte de cubrir custos, remuneren a actividade de gandeiros e gandeiras, mantendo e desenvolvendo deste xeito tanto o tecido industrial coma o produtivo.

 

Claro que esta actitude imprescindíbelmente tería que vir acompañada dunha aposta política forte pola regulación dos mercados e o control das producións, a fin de que as prácticas monopolísticas que practican as industrias non segan a ser permitidas polas políticas agrarias e se establezan prezos mínimos que garantan o noso medio de vida.

Ficheiro adxunto