A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. A concentración empresarial ten un prezo: primeiros perxuízos ao sector produtor derivados da venta de Puleva

A concentración empresarial ten un prezo: primeiros perxuízos ao sector produtor derivados da venta de Puleva

18 de Marzo do 2010

monopolio

O Sindicato Labrego Galego denuncia as presións da industria láctea Puleva aos gandeiros e gandeiras da comarca da Terra Chá, ameazando cunha baixada na factura do leite baseándose no feito de seren explotacións que superan en produción a cantidade de cota asignada, malia a que mesmo o propio Ministerio do Medio Rural declarou que no presente ano 2010 o Estado español non chegará a cubrir a cota, como tampouco o fixo no ano pasado.

Ademais, e precisamente por este motivo, este ano por primeira vez o FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria) anunciou que non se farán retencións.

 

Fica claro, polo tanto, que esta ameaza é nin máis nin menos ca unha tentativa de realizar unha baixada unilateral do prezo, posto que non existe ningún tipo de cobertura legal que xustifique esta penalización que pretende impor Puleva .

 

Para o SLG esta é unha clara consecuencia da concentración de industrias lácteas en cada vez menos mans, que non dubidan en facer uso da súa forza monopolista para impoñer prezos o máis baixos posíbel ao sector produtor.