A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. A Coordenadora Europea Vía Campesina participa hoxe e mañá nas xuntanzas consultivas da UE en materia de sector leiteiro

A Coordenadora Europea Vía Campesina participa hoxe e mañá nas xuntanzas consultivas da UE en materia de sector leiteiro

25 de Marzo do 2010

COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

Na mañá de hoxe, a Secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego, Lídia Senra Rodríguez, atópase en Bruxelas para participar coma Responsábel do Sector Leiteiro da Coordenadora Europea Vía Campesina nun comité consultivo da Unión Europea ao respeito da actual situación do mercado do leite.

Neste encontro darase a coñecer tamén por parte dos países comunitarios as opcións escollidas no referido ao sector leiteiro logo do “chequeo médico da PAC” levado a cabo no ano pasado.

 

Asemade, aportarase información sobor da situación do comercio internacional, abordando as negociacións de comercio bilaterais, nomeadamente os tratados UE-Marrocos e UE-Canadá, así coma os novos datos en canto aos avances nas negociacións no seo da Organización Mundial do Comercio (OMC).

 

Senra participará tamén mañá en Bruxelas, en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina, na conferencia “Cal é o futuro do leite?”* convocada pola Comisión Europea para abordar a situación do sector leiteiro, e que contará coa presenza do Comisario de Agricultura, Dacian Cioloş.

 

Neste foro trataranse cuestións fundamentais para as gandeiras e gandeiros, xa que a Comisión trasladará ás representantes do sector produtor preguntas orientadas a determinar a súa posición no tocante ás relacións contractuais, o poder de negociación e a transparencia no sector leiteiro.