A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Concentración diante da distribución en A CORUÑA

Concentración diante da distribución en A CORUÑA

30 de Abril do 2010

Actos diante da distribución (A Coruña)

O SLG enmarcou a política de extorsión que practican as multinacionais da distribución na responsabilidade dos gobernos

     No día de hoxe celebrouse un acto informativo de concentración diante dunha superficie comercial da cadea DIA en A Coruña, para sensibilizar e denunciar diante das consumidoras e consumidores as prácticas de extorsión que as multinacionais da distribución -entre elas DIA- practican para impoñer prezos ruinosos que conlevan o peche de milleiros de explotacións leiteiras na Galiza e en toda Europa.

     Nese senso, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, enmarcou ditas prácticas na responsabilidade que os gobernos están tendo á hora de seguir propoñendo maior desregularización dos mercados e maior liberalización da produción, na próxima reforma da PAC.

     O SLG recordou que os ministros e as ministras de agricultura da UE, que se reúnen en Mérida a finais do mes de maio, vanse atopar o día 30 cunha resposta das labregas e dos labregos, convocados/as polas organizacións que forman parte da Coordenadora Europea Vía Campesina -da cal o SLG é membro-, para que a reforma da PAC que están a elaborar signifique o mantemento de explotacións en base a ter prezos que cubran custes de produción, para o cal é imprescindible que se regulen os mercados e se controle a produción, non permitindo ás multinacionais que acaben co tecido agrario galego e de toda a Unión Europea.

 

Actos na Coruña diante da distribución

máis fotos na galería

Ficheiro adxunto