A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Política leiteira da UE: o Grupo de Alto Nivel condena ás gandeiras e gandeiros europeos

Política leiteira da UE: o Grupo de Alto Nivel condena ás gandeiras e gandeiros europeos

17 de Xuño do 2010

ecvc

A orientación proposta polo Grupo de Alton Nivel (GAN) non dá perspectivas aos produtores e produtoras. Sen regulación pública da produción e mercado leiteiro, non é posible unha solución definitiva para esta crise. As decisións tomadas polo GAN son unha sinal que denota a mala dirección para a PAC 2013.

As recomendacións do GAN non tratan as causas da crise leiteira. Como a Coordenadora Europea Vía Campesiña (ECVC) indicou durante a primeira audición o pasado outono, os expertos/as dos 27 estados Membros non traballaron sobre as cuestións esenciais da regulación da produción, as estruturas e modos de produción, acabar co dumping á exportación, e a repartición da produción na UE.

As proposicións do GAN son unha etapa adicional no abandono dunha regulación europea para o leite, deixando aos estados membros e ás empresas lácteas as decisións que van acentuar as distorsiones entre países e produtores/as.

Contractualización: substituír a regulación pública da produción por unha contractualización privada entre produtores/as e empresas sería un grave erro. A contractualización non vai regular a produción europea.

Como indicou Alison Burell (Xunta Research Center, Comisión) durante a conferencia UE do 26 de marzo, a contractualización non vai reforzar o poder dos produtores e non vas garantir unha mellor repartición do valor engadido no seu favor.

Nun contrato individual entre o produtor/a e unha industria láctea, esta última será na maioría dos casos quen teña unha posición á forza, e os contratos favorecerán sempre máis aos grandes produtores/as que aos pequenos e medianos.

Unha contractualización tal e como expón o GAN supón un retroceso nos dereitos dos produtores, como ocorreu en Suíza, onde a supresión das cotas levou o incremento da produción, o declive de prezos, e áaparición de conflitos.

 

Un contrato individual entre produtor/a e unha industria láctea non sería útil se non hai un control público da produción e unha negociación colectiva dos prezos sobre base dos custos de produción.

 

Poder de negociación dos produtores e produtoras: sen regulación pública europea da produción que adapta a produción ao consumo comunitario, non haberá nunca boas condicións de negociación entre organizacións de produtores e industrias lácteas, como propón o GAN. ./..

O exemplo de Suíza mostra as dificultades desta vía. Como indicou Alison Burell o 26 de marzo, a promoción da UE das organizacións de produtores/as de froitas e verduras, tampouco reforzou o poder de negociación fronte á transformación e á distribución, nin garantiu unha mellor repartición dos beneficios.

Transparencia : O GAN, demasiado preocupado dos intereses da Industria e da Distribución, non propón medidas significativas. Sen transparencia das marxes comerciais de tódolos actores, os produtores/as e os consumidores/as serán, como ocorre actualmente, os perdedores.

ECVC Pide unha transparencia dos prezos ao longo da cadea de produción e distribución do leite e a limitación das marxes da industria e da distribución en función dos seus custos reais.

Medidas de mercado, OMC : Diante da proposta de examinar medidas complementarias á rede de seguridade actual compatible coa caixa verde da OMC, para facer fronte á volatilidade das rendas dos produtores, o GAN foi o exemplo da carencia de vontade política que ostentan os estados membros no que se refire a atacar a volatilidade dos prezos e as súas causas. Os prezos quedan no marco manipulado da OMC e da súa caixa verde, instrumentos do pasado século XX, non só incapaces de facer fronte aos retos actuais, senón que ademais agravan a situación actual e o futuro dos produtores/as.

A UE ten que fixarse como obxectivo uns prezos estables e xustos para o sector produtor, ligados aos custos de produción. Unha produción estable necesita dun control público europeo da produción, adaptado ao consumo interno, cunha repartición xusta da produción entre os países e entre os produtores e produtoras.

Non aos mercados de futuros!: ECVC Oponse á posta en marcha de mercados de futuros para o sector lácteo, sistema que só favorece á Industria e aos poderes financeiros, máis non aos produtores.

Etiquetaxe de orixe dos produtos: ECVC pide unha etiquetaxe obrigatoria do lugar de produción e do lugar de transformación do leite.

Innovación, investigación, competitividade : A investigación para conseguir os custos de produción máis baixos foron o motor da innovación no sector leiteiro, a miúdo á conta dos custos ambientais e sociais.

Non se pode falar seriamente de competitividade se non se integran estes custos, que son sempre externalizados e finalmente pagados polo/a contribuínte. Non se pode falar tampouco de competitividade se se inclúen as axudas públicas nos resultados dos rendementos.

E que dicir da competitividade sobre o mercado internacional...! cando a axuda ao desacoplamento dos pagos ten o mesmo efecto que as axudas á exportación, xa que permite producir, vender e exportar o leite nun prezo inferior ao do seu custo de produción, desprezando aos produtores dos terceiros países.

A investigación, a formación, e o apoio teñen que centrarse agora nos modos de produción sustentábeis, baseados en forraxes locais, diminuíndo o quecemento climático, favorecendo a biodiversidade e xerando efectos positivos social e medioambientalmente.

Coordinación Europea Vía Campesiña chama ás labregas e labregos europeos a mobilizarse para empuxar á UE a cambiar a orientación para o leite proposta polo GAN, vinculada á que se pretende dar á PAC 2013.