A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Leite Río destina a unha campaña publicitaria de mentiras o diñeiro que lle quita ás explotacións lácteas ao baixarlles inxustificadamente os prezos

Leite Río destina a unha campaña publicitaria de mentiras o diñeiro que lle quita ás explotacións lácteas ao baixarlles inxustificadamente os prezos

28 de Febreiro do 2012

Boicot ás industrias

O Sindicato Labrego Galego quere responder á campaña publicitaria pagada en varios medios de comunicación por Leite Río demostrando que, unha vez máis, esta industria láctea mente ao afirmar que non baixou o prezo do leite de xaneiro de 2012. E para iso temos recibos de explotacións nos que se poden comparar os prezos pagados en decembro de 2011 e os abonados en xaneiro de 2012, e nos que ser reflicte a baixada de 1 céntimo por litro.

Para o SLG, Leite Río é un claro exemplo das industrias que temos neste país, obsesionadas por obter o máximo lucro a costa das rendas das explotacións leiteiras que lles venden o leite coa complicidade do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural. Esta actitude política e empresarial contrasta coa doutras zonas máis avanzadas da Unión Europea. Sen ir máis lonxe, a Interprofesional láctea da Bretaña e do País de Loira (Cilouest) fixou, a finais de febreiro, un prezo de referencia de 32'93 céntimos para marzo de 20121.

No actual contexto de escalada dos custes de produción (gasóleo, abonos, forraxes, electricidade, etc.), e cunha seca que, de persistir, causará perdas millonarias; a actitude de certas industrias como Leite Río afondan na situación crítica na que se está afundindo o sector lácteo galego. Esta situación vaise agudizar aínda máis por mor de medidas políticas manifestamente erróneas, como a de obrigar a asinar contratos entre industrias e explotacións sen que haxa un prezo mínimo de referencia e, por riba, sen que a Unión Europea obrigue a facelo, pois depende da vontade de cada estado membro.

Boicot a Río e Celta 

1http://www.agrodigital.com/PlArtStd.asp?CodArt=82574