A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Protestas na inauguración do centro comercial das Cancelas para denunciar os abusos da distribución e a parálise da Xunta como causas da crise do sector lácteo

Protestas na inauguración do centro comercial das Cancelas para denunciar os abusos da distribución e a parálise da Xunta como causas da crise do sector lácteo

15 de Novembro do 2012

As Cancelas

Coincidindo coa inauguración do centro comercial As Cancelas en Compostela hoxe, 15 de novembro, celebrouse unha concentración gandeira para denunciar a situación crítica pola que está a atravesar o sector lácteo galego. A intención desta manifestación foi a de denunciar as prácticas abusivas da distribución na cadea de valor, que é unha das principais causas de que as explotacións galegas estean a vender o leite que producen a un dos prezos máis baixos da Unión Europea, e sinalar a Carrefour, que abre un novo hipermercado nesta área comercial, como un dos causantes directos desta problemática.

Ademais, coincidindo coa asistencia ao acto inaugural da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, os gandeiros e gandeiras presentes estenderon as súas críticas á Xunta de Galicia, pola súa inoperancia e pasividade á hora de buscar solucións a un problema que está levando á ruína ao principal motor económico do medio rural galego.

Deste xeito, deuse continuidade á campaña de mobilizacións levadas a cabo polas organizacións agrarias galegas que comezaron a principios deste verán.

03 As Cancelas

02 As Cancelas01 As Cancelas