A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2003

  1. Galiza perdeu máis de 1.500 granxas lácteas dende a fin das cotas e segue a ter un dos prezos máis baixos de Europa

    Vaca UE 4 de Abril do 2018 · 

    Co remate da campaña 2017-2018 no sector lácteo, cúmprense tres anos dende que desapareceu o sistema de cotas lácteas. Polo medio, tivemos unha das peores crises de prezos que se recordan e pecharon máis de 1.500 granxas: das 9.484 explotacións en activo que había en abril de 2015, pasamos ás 7.967 que contabilizaron os últimos datos do sector, correspondentes a xaneiro de 2018.

  2. 12 de abril, xornada sobre "Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais"

    Polos 27 de Marzo do 2018 · 

    O 12 de abril, o Pazo de Mariñán (Bergondo) acollerá unha xornada sobre “Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais a través de espazos de sacrificio colaborativos”. Interesante iniciativa que abordará unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos e, ao mesmo tempo, das que máis potencial e futuro teñan para as explotacións avícolas e cunícolas familiares: o sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para inscribirte, tes que chamar ao 686 783 800 ou enviar un email cos teus datos a arrexo4@gmail.com Podes descargar o programa na seguinte icona.

  1. Manuel Castro Villar

    Manuel Castro Villar, membro da Comisión Executiva do Sindicato Labrego Galego

    3 de Decembro do 2003 · 

    “Co que estamos gañando dá para pagar os gastos malamente e comer”

  2. Amada Saa Fuentes

    Amada Saa Fuentes, membro da Dirección Nacional e da Comisión Executiva do SLG

    3 de Novembro do 2003 · 

    “Deben ser afiliados e afiliadas quen teñen que dirixir o Sindicato Labrego”