A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2004

  1. Galiza perdeu máis de 1.500 granxas lácteas dende a fin das cotas e segue a ter un dos prezos máis baixos de Europa

    Vaca UE 4 de Abril do 2018 · 

    Co remate da campaña 2017-2018 no sector lácteo, cúmprense tres anos dende que desapareceu o sistema de cotas lácteas. Polo medio, tivemos unha das peores crises de prezos que se recordan e pecharon máis de 1.500 granxas: das 9.484 explotacións en activo que había en abril de 2015, pasamos ás 7.967 que contabilizaron os últimos datos do sector, correspondentes a xaneiro de 2018.

  2. 12 de abril, xornada sobre "Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais"

    Polos 27 de Marzo do 2018 · 

    O 12 de abril, o Pazo de Mariñán (Bergondo) acollerá unha xornada sobre “Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais a través de espazos de sacrificio colaborativos”. Interesante iniciativa que abordará unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos e, ao mesmo tempo, das que máis potencial e futuro teñan para as explotacións avícolas e cunícolas familiares: o sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para inscribirte, tes que chamar ao 686 783 800 ou enviar un email cos teus datos a arrexo4@gmail.com Podes descargar o programa na seguinte icona.

  1. Pilar Bello

    Pilar Bello, gandeira de vacún e membro da Comisión Executiva do SLG

    2 de Decembro do 2004 · 

    “A crise das vacas tolas non está aínda superada; máis ben, foi esquecida”

  2. Faustino Gándara

    Faustino Gándara Martínez, membro da Executiva do SLG e produtor de leite

    2 de Novembro do 2004 · 

    “Máis que axudas, necesitamos un prezo digno polo noso produto e traballo”

  3. Carme Porca Vidal

    Carme Porca Vidal, responsábel da Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego

    3 de Abril do 2004 · 

    “Galiza non pode asumir un control da cota láctea tan drástico e traumático”

  4. Xosé Álvarez Lombardero

    Xosé Álvarez Lombardero, membro da Executiva do SLG e vocal de Ternera Gallega

    3 de Febreiro do 2004 · 

    “Ternera Gallega ten pendente acadar unha completa trazabilidade da carne”