A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2006

  1. O Sindicato Labrego Galego insta á Consellaría de Medio Rural a actuar diante da inminente caída do prezo do leite

    Lactalis 16 de Xaneiro do 2018 · 

    Nas conversas entre transportistas e os gandeiros e gandeiras que producen leite na Galiza, xa se está a estender o rumor de que nesta primavera volverán caer os prezos do leite. Trátase dunha práctica que vén de vello na que os choferes dos camións cisterna das industrias van afacendo a produtores e produtoras á idea de que a caída do valor do leite é algo inevitable que acontecerá si ou si.

  2. Medio Rural e Agricultura substitúen a política leiteira por propaganda para maquillar os peores prezos da UE

    Vacas frisoas 9 de Xaneiro do 2018 · 

    Nun alarde de optimismo, a Consellaría de Medio Rural comezaba o ano 2018 publicando un comunicado no que se xactaba de que Galiza era “a comunidade española na que máis medrou o prezo dende novembro de 2015”, enfeitando a aseveración cunha morea de cifras e mesmo atrevéndose a sacar peito na cuestión dos valores lácteos ao dicir que nese aumento quedamos por riba de comunidades veciñas Asturias ou Cantabria.

  1. Galos

    O SLG desenvolverá a avicultura sustentábel na bisbarra de Deza, Tabeirós e Terra de Montes

    30 de Decembro do 2006 · 

    O Sindicato Labrego Galego da bisbarra Deza, Tabeirós e Terra de Montes vai estender a experiencia de Pasdeza ao eido avícola, cunhas xornadas de avicultura sustentábel. A orixe desta experiencia habería que buscala no descontento xeneralizado que existe nun sector que, ata o de agora, apostou por un modelo intensivo que cada vez deixa menos rendas nas explotacións e dá máis desgustos; o último deles, as perdas económicas provocadas pola gripe aviaria. Neste senso, a avicultura extensiva e sustentábel defínese como unha boa alternativa que cada vez ten mellor saída comercial e que xera maiores beneficios; e, a maiores, é respectuosa co medio ambiente e cos propios animais que se crían.

  2. Foto de Santiago Arnoso

    Entrevista con Santiago Arnoso López, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do Sindicato

    20 de Maio do 2006 · 

    "Se as cousas non melloran, haberá que facer unha folga de entregas de leite"

  3. Marisol

    Entrevista con Marisol García Freire, membro da Dirección Nacional do SLG e traballadora nunha cooperativa leiteira

    20 de Abril do 2006 · 

    "Na nosa cooperativa sabemos que hai que dar a batalla polos prezos do leite"

  4. Isaac Val Negrelos

    Entrevista con Isaac Val Negrelos, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Febreiro do 2006 · 

    "O problema do prezo do leite é serio, pois cada vez rende menos o que producimos"