A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2009

  1. tratorada 17 de xuño de 2009

    En tractorada até: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo, Ribadeo.

    10 de Xuño do 2009 · 

    Porque os prezos do leite seguen baixando e xa están por baixo dos custes de produción e porque a situación é insoportábel para as nosas explotacións.

  2. asambleia

    O SLG convoca unha tractorada en defensa do prezo do leite, o vindeiro mércores 17 de xuño

    9 de Xuño do 2009 · 

    Na asamblea do sector leiteiro celebrada na mañá de hoxe en Vilalba, gandeiras e gandeiros do Sindicato Labrego Galego, procedentes de todas as comarcas da Galiza, adoptaron a decisión de mobilizarse cunha tractorada o vindeiro mércores 17 de xuño en diferentes comarcas do País.

  3. vacas mortas amontoadas

    Censura do programa sobre a problemática das vacas tolas, onte na TVG

    3 de Xuño do 2009 · 

    Diante das declaracións verquidas no día de hoxe polo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez  Feijoo, ao respecto da anulación da emisión do capítulo dun programa na TVG sobor do problema das vacas tolas, o SLG quere manifestar o seguinte:

  4. prezo que nos permita vivir do noso traballo

    Primeira vitoria dunha batalla que será longa. O problema do prezo segue presente, para estas e para todas as explotacións do País

    28 de Maio do 2009 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego confirmamos que sobre as 14,30hrs. do mediodía de hoxe vén de facerse efectiva a retoma da recollida nas dúas explotacións d´A Mariña lucense afectadas pola suspensión imposta por Jesús Lence ante a tentativa destas explotacións de negociaren un prezo para o leite que lles permita vivir do seu traballo.

  5. espello tractor

    O sector leiteiro da Galiza está en loita. Demandamos un prezo que nos permita vivir do noso traballo

    27 de Maio do 2009 · 

    Ás 12,00h de hoxe, mércores 27, terá lugar unha concentración do sector produtor de leite da Galiza, diante da Consellaría do Medio Rural en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemento dun prezo base mínimo para o noso leite e garantía de recollida. ACTUALIZADA CON IMAXES E VIDEOS.

  6. CELGA

    O SLG ponse ao servizo das gandeiras e gandeiros que teñen que reclamar a débeda contraída por CELEGA antes dos 30 días establecidos por lei

    27 de Maio do 2009 · 

    Tras a acollida á Lei Concursal para facer fronte á súa débeda, anunciada pola Central Leiteira Galega (CELGA), o prazo para que aquelas explotacións ás que nomeada empresa lles debe cartos por non lle ter podido pagar o leite, soliciten o pago desta débeda, é de 30 días.

  7. lidia no seminario cambio climático

    A actitude irresponsábel da UE agrava inda máis a situación do sector leiteiro

    26 de Maio do 2009 · 

    Dende Bruxelas, e tras terse reunido no día de onte co presidente do Consello de Ministras/os de agricultura, Lídia Senra Rodríguez, secretaria de organización do SLG e responsábel dos sectores gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina, declarou hoxe que a opción proposta dende o Consello de adiantar para o 2009 o 70% das subvencións establecidas para o sector produtor no 2010 “non é solución ningunha, “xa que eses cartos son do sector, xa lles correspondían houbera ou non a catastrófica situación actual. Un “plan de choque” precisa dun outro orzamento, uns fondos novos, non os que xa eran dos produtores e produtoras”.

  8. leiteriocarcere

    Rolda de prensa mobilizacións sector lácteo

    25 de Maio do 2009 · 

    Valoración da estratexia de mobilizacións iniciadas durante esta fin de semana perante da falla de resposta do conselleiro do medio rural ante o ataque do empresario Jesús Lence a dúas explotacións gandeiras que tentaron negociar un prezo xusto para o seu leite

  9. via campesina

    Lídia Senra transmitiulle hoxe ao Presidente do Consello Agrícola europeo a necesidade de garantir un prezo base mínimo para o leite

    25 de Maio do 2009 · 

    Lidia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG,  foi a encarregada de transmitirlle na mañá de hoxe ao Presidente do Consello Agrícola europeo a situación de crise e de mobilizacións nas que se atopa o sector lácteo en toda a UE.

  10. imaxe rolda lence

    Mañá o señor Lence non terá argumentos para suspender a recollida, pero o sector lácteo non vai ceder ás chantaxes

    25 de Maio do 2009 · 

    Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do SLG-, Lupe Prado -gandeira e Responsábel do Sector Leiteiro no SLG-, e Adolfo Cabarcos -Responsábel de Sectores Gandeiros no SLG-, declararon en rolda de prensa na tarde de hoxe, ao respeito do comunicado emitido onte por Lácteos Lence no que ameaza con suspender recollidas a tódalas explotacións que lle subministran no País, que o Sindicato Labrego Galego considera que o empresario Jesús Lence xa entendeu a mensaxe que lle enviamos as gandeiras e gandeiros esta fin de semana: DISCUTIR O PREZO DO NOSO TRABALLO NON É UN PROBLEMA INDIVIDUAL, SENÓN COLECTIVO.

  1. Anterior
  2. 7
  3. 8
  4. 9
  5. 10
  6. 11
  7. 12
  8. 13
  9. Seguinte