A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2009

  1. loitando polo sector leiteiro

    ROLDA DE PRENSA: Presentación do calendario de mobilizacións conxuntas para a defensa do sector leiteiro da Galiza.

    25 de Xuño do 2009 · 

    Mañá, venres 26 de xuño, terá lugar unha rolda de prensa das tres organizacións agrarias (SLG, UUAA, XXAA) e cooperativas (AGACA) ás 11.30hr. no Clube Internacional de Prensa (Av. d´A Coruña, nº4, Santiago de Compostela), pra darmos conta do calendario de mobilizacións que terán lugar nas vindeiras semanas en reivindicación dun prezo xusto para o noso leite, garantía de recollida e modificación das actuais políticas agrarias.

  2. a vaquinha polo que vale

    As sete propostas do Goberno galego para salvar o sector lácteo: máis endebedamento para as explotacións e máis cartos públicos para os bancos

    24 de Xuño do 2009 · 

    Este luns (22/06/09) a Consellaría do Medio Rural anunciou -entendemos que forzados polas mobilizacións que o sector lácteo levou a cabo a semán pasada en toda Galiza e polo apoio cidadán recibido nas mesmas-  sete medidas para, supostamente, garantir liquidez inmediata ás explotacións agrarias. 

  3. mans arriba, isto é un atraco

    Denunciamos perante da cidadanía: as multinacionais da distribución afunden o noso agro

    20 de Xuño do 2009 · 

    REIVINDICANDO PODER VIVIR DO NOSO TRABALLO: Mércores 17: aos gobernos galego e español en forma de tractorada Xoves 18: diante dos xefes/as de estado da U.E. en BruxelasVenres 19: denunciando a extorsión das multinacionais da distribución.

    Dende o SLG solicitamos a complicidade da cidadanía non apoiando co seu consumo ás grandes multinacionais da distribución, mudándoas polos circuitos curtos de distribución: os mercados locais, as prazas de abastos, pequeno comercio e  marcas que comercialicen só leite producido na Galiza, xa que é este o mellor xeito de apoiar ás produtoras e produtores de leite do noso País. 

  4. apoio da cidadanía compostelana

    IMAXES das TRACTORADAS do SECTOR LEITEIRO na GALERÍA DE IMAXES. Con todas e todos vós, a loita do sector leiteiro segue adiante

    18 de Xuño do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere  agradecer a toda a cidadanía da Galiza,  sobor de todo a aquelas persoas que viven nas vilas e cidades nas que tiveron lugar as tractoradas que se sucederon ao longo do día de onte (Santiago, A Coruña, Lugo, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Ribadeo), o forte e decidido respaldo que amosado ao longo de toda a xornada reivindicativa.

  5. logo vía campesina

    Dende Galiza até Bruxelas: por un prezo xusto para o noso leite. IMAXES da intervención de Lídia Senra

    18 de Xuño do 2009 · 

     

    COMUNICADO DE PRENSA DA COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA. Manifestación europea de produtores de leite en Bruxelas o 18/19 de xuño con motivo do Consello Europeo. Máis de mil tractores atópanse arestora en Bruxelas.

  6. Tractorada 17 de xuño de 2009

    Puntos de saída e percorridos da tractorada cara as cidades que terá lugar o vindeiro mércores 17

    13 de Xuño do 2009 · 

    Ao respeito das cuestións organizativas e de cobertura informativa da tractorada que terá lugar o vindeiro 17 de xuño para reclamar prezo xusto para o leite que cubra custos de produción e traballo, así como a modificación das políticas agrarias que coas que os gobernos seguen a permitir a inundación de leite nos nosos mercados, nun claro exercicio de especulación abandeirado polas multinacionais da distribución e industrias lácteas, á conta dun alimento básico como é o leite, o Sindicato Labrego Galego quere facer públicos os percorridos e puntos de saída.

  7. Semana Verde de Silleda, ¿para todos os públicos?

    Responsábeis da Semana Verde de Galiza impiden ao SLG o reparto de información sobre a tractorada

    12 de Xuño do 2009 · 

    A publicitada como “unha feira verde para todos” estase a revelar como “unha feira verde para todos aqueles que non chamen a atención sobor da escandalosa crise que está a sufrir o sector leiteiro e a vergoñenta e neglixente actitude da Xunta da Galiza e do Ministerio”.

  8. Tractorada 17 de xuño

    Roldas de prensa comarcais o luns 15 de xuño: Santiago de Compostela (SANTIAGO), Vilalba (TERRA CHÁ), Carballo (BERGANTIÑOS)

    12 de Xuño do 2009 · 

    Nos días previos á tractorada cara as cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo e Ribadeo, o Sindicato Labrego Galego informará dos aspectos concretos desta mobilización mediante roldas de prensa comarcais que xa tiveron lugar ao longo desta semana e que continuarán o vindeiro luns 15 (e martes 16 de xuño).

  9. información ás portas da Semana Verde09

    A grave situación do sector leiteiro, visibilizada polo SLG na Feira Internacional Semana Verde de Galiza

    11 de Xuño do 2009 · 

    A responsábel do sector leiteiro, Lupe Prado,  presente canda gandeiras e gandeiros e a Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra,  nunha concentración reivindicativo-informativa que tivo lugar no exterior das instalacións,  entregou en man ao Presidente da Xunta da Galiza as demandas do sector: apostas políticas para defender que o noso traballo ten un prezo e que cómpre parar de xeito inminente a inundación de leite non galego no noso mercado, que incrementa as perdas das explotacións leiteiras da Galiza e que o goberno galego segue promovendo, ao seguir sen amosar vontade política para reclamar que se adopten acordos que acaben con esta situación de crise.

  10. rolda comarcal tractorada 170609

    Rolda de prensa en Lalín: Mobilizacións sector leiteiro.

    11 de Xuño do 2009 · 

    Ás 12,00hrs de mañá, venres 12, terá lugar unha rolda de prensa para dar conta da tractorada que terá lugar o vindeiro mércores 17 cara as cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo e Ribadeo.

  1. Anterior
  2. 6
  3. 7
  4. 8
  5. 9
  6. 10
  7. 11
  8. 12
  9. Seguinte