A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2010

  1. Leite

    Posición da Coordenadora Europea da Vía Campesina diante da proposta de reforma do sector leiteiro da Comisión Europea

    16 de Decembro do 2010 · 

    Proporcionar un sector leiteiro liberalizado ás industrias lácteas, aos grupos interprofesionais e agrupacións de produtores e produtoras non vai resolver a crise da produción leiteira que segue habendo. O primeiro que necesitan os produtores e produtoras é unha política pública europea forte que regule a produción e o mercado e que impulse as rexións agro-climáticas produtoras de leite.

  2. Comisario de Agricultura, Dacian Ciolos

    A proposta da Comisión Europea para o sector lácteo aborta a posibilidade de negociar prezos dignos para o leite

    10 de Decembro do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego considera un absoluto retroceso a proposta da Comisión Europea de permitir a creación de agrupacións de produtores para negociar os prezos do leite coas industrias. En primeiro lugar, esta medida suporá a fragmentación do poder negociador dos produtores e produtoras de leite, deixando un panorama no que cadaquén vai tirar polos seus intereses particulares e non polos intereses colectivos do sector. A segunda consecuencia é que, unha vez que se fragmente o poder negociador do sector leiteiro e desapareza a negociación colectiva, será imposible acadar un prezo mínimo universal para o leite que cubra os custes de produción e os salarios de todas as explotacións que aínda seguen en activo.

  3. Inlac

    Os grandes poderes poderán seguir extorsionando aos produtores e produtoras de leite grazas á complicidade de Rosa Aguilar

    3 de Decembro do 2010 · 

    A secretaria xeral do SLG, Carme Freire, participou, o 2 de decembro, nunha reunión da Interprofesional Láctea (Inlac) en Compostela, na que se lle encargou á Universidade de Santiago a elaboración dun sistema de indexación de prezos para o leite, o cal se enmarca no borrador de decreto que o Ministerio de Agricultura presentou ás organizacións agrarias, o pasado 30 de novembro, para o establecemento de condicións de contratos obrigatorios no sector leiteiro.

  4. Boicot leiteiro

    O Sindicato Labrego Galego retomará as mobilizacións en demanda dun prezo digno para o leite que nos permita vivir

    6 de Novembro do 2010 · 

    Trala reunión da Interprofesional Láctea (Inlac) do 5 de novembro, o Sindicato Labrego Galego tomou a decisión de retomar a campaña de mobilizacións do sector lácteo en demanda dun prezo digno para as explotacións. O principal motivo desta decisión foi a negativa dos representantes das empresas na Inlac a fixar un prezo para o leite do último trimestre do 2010 que cubra os custes de produción e remunere de maneira digna o traballo nas explotacións. Para o Sindicato Labrego, a situación de prezos que se vén arrastrando dende febreiro de 2009, con valores que en boa parte das explotacións non cobren nin os custes de produción, é insostible.

  5. Boicot do leite

    O SLG participará, xunto á COAG, en medidas de denuncia contra a industria leiteira no Estado se non se acada un prezo xusto para o leite na Inlac

    4 de Novembro do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego (SLG), en unión coa Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), estenderá a todo o Estado Español unha campaña de accións de denuncia se na vindeira reunión da Interprofesional Láctea (Inlac), prevista para mañá venres 5 de novembro, os representantes da industria non aceptan negociar un prezo para o leite que mude a situación de desfeita de explotacións leiteiras que se está a producir.

  6. Carme Freire na Inlac

    O Sindicato Labrego Galego segue apostando por contratos con prezo nas negociacións da Inlac

    13 de Outubro do 2010 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou hoxe, 13 de outubro, na reunión da Interprofesional Láctea (Inlac) co Ministerio de Agricultura para avanzar na creación dun contrato homologado que regularice as relacións comerciais entre as explotacións leiteiras e a industria.

  7. Encontro Cabarcos con Castro-Gil

    O SLG expresoulle ao subdirector de Gandería o seu desacordo con privatizar a identificación do gando

    11 de Outubro do 2010 · 

    O secretario de Sectores Gandeiros do Sindicato Labrego Galego, Adolfo Cabarcos, mantivo hoxe, 11 de outubro, un encontro co subdirector de Gandería da Xunta, Manuel Castro-Gil Amigo, para tratar a cuestión dos cambios que vai experimentar o sistema de identificación do gando nos vindeiros meses.

  8. Xato cos crotais de identificación

    O Sindicato Labrego avoga por que se lles permita ás explotacións gandeiras identificar o seu propio gando e opoñerase á privatización do servizo

    9 de Outubro do 2010 · 

    A Consellería de Medio Rural vén de modificar o servizo de identificación do gando, quitándolle a SEAGA a encomenda que tiña ata de agora na realización deste labor. O sistema de identificación de gando que hai en Galiza está recoñecido coma un dos mellores da Unión Europea; por iso, e diante das mudanzas que se aveciñan, o Sindicato Labrego Galego defenderá un sistema de identificación que manteña ese nivel de calidade e cumpra as seguintes condicións:

  9. leite

    A UE asume que prezo mínimo e negociación colectiva son imprescindíbeis para rematar coa crise no sector leiteiro

    28 de Septembro do 2010 · 

     

    Dende o Sindicato Labrego Galego amosámonos prudentes diante do anuncio de que o Ministerio de Medio Rural (MARM) quere lexislar para facer obrigatorio un contrato homologado entre as industrias leiteiras e o sector produtor, que teña por referencia o prezo mínimo acadado en Francia.

  10. venda directa

    O SLG viaxa a Gales para coñecer experiencias de venda directa no sector lácteo

    24 de Septembro do 2010 · 

     

    Unha comitiva formada por unha vintena de gandeiros e gandeiras, xunto con persoal técnico do Sindicato Labrego Galego, partiu hoxe cara a Gales para estudar alternativas na produción e comercialización do leite. Durante toda a fin de semana visitarán explotacións leiteiras que comercializan directamente leite e transformados lácteos.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. Seguinte