A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2010

  1. Carme Freire 240910

    Esixencia de medidas políticas que fixen un prezo mínimo para o leite e solicitude de colaboración ao Presidente da Xunta

    24 de Septembro do 2010 · 

    En rolda de prensa conxunta realizada na mañá de hoxe, as organizacións sindicais agrarias e cooperativas demandaron medidas políticas que fixen un prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o traballo das gandeiras e gandeiros.

  2. C. Freire, colada cartaces 220910

    Inicio da colada masiva de cartaces difusión do boicot ás empresas que menos pagan o leite

    22 de Septembro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe as organizacións agrarias e cooperativas demos inicio á colada masiva de cartaces que terá lugar en toda Galiza, dando conta das marcas comerciais propiedade das empresas que menos pagan polo leite ás nosas gandeiras e gandeiros.

  3. Carrefour baixa prezo leite

    "Estas marcas engánante e arruínan ao sector" Sinalización nun Carrefour en Vigo

    16 de Septembro do 2010 · 

    Continuando coa campaña de denuncia das industrias que máis baixo pagan o leite (Lactalis, Lácteos Lence, Celta), no día de hoxe as reivindicacións do sector leiteiro tiveron lugar en Vigo, onde se procedeu á sinalización das marcas comerciais propiedade das citadas industrias.

  4. Praza da Quintana

    Na Praza da Quintana, información da campaña de boicot a LÁCTEOS LENCE, LEITE CELTA e LACTALIS

    10 de Septembro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe as accións informativas  e de denuncia ao respeito das demandas e situación do sector leiteiro trasladáronse á compostelana Praza da Quintana, nas inmediacións da Catedral.

  5. boicot lácteos lence

    Mobilización diante de LÁCTEOS LENCE

    10 de Septembro do 2010 · 

    O xoves 9 a campaña de boicot do sector leiteiro trasladouse a Lácteos Lence, no polígo do Ceao (Lugo). Pola tarde, grupos de produtores e produtoras desplazáronse aos centros comerciais Carrefour (Lugo) e Alcampo (Ferrol) para levar a cabo a sinalización das marcas comerciais das empresas Lácteos Lence, Leite Celta e Lactalis.

  6. LACTALIS a ruína ao sector leiteiro galego

    Mobilización diante de LACTALIS

    8 de Septembro do 2010 · 

    No día de hoxe o sector leiteiro iniciou a campaña de boicot ás empresas que arruínan o noso agro.

  7. Asistentes á xornada da lingua azul

    Valoración da xornada informativa e de debate sobor dos efectos da vacina da Lingua Azul

    7 de Septembro do 2010 · 

    Ao longo do día de hoxe unha trintena de gandeiros e gandeiras están a participar na xornada informativa e de debate sobor dos efectos da vacina da Lingua Azul (LA), organizada polo Sindicato Labrego Galego na comarca de Compostela.

  8. aplicación da vacina da lingua azul

    Xornada informativa sobre os impactos da vacina da Lingua Azul

    6 de Septembro do 2010 · 

    Continuando coa campaña de denuncia e información iniciada polo SLG dende o ano pasado,  ao logo do día de mañá, martes 7 de setembro, terá lugar en Teo (Compostela) unha xornada aberta, informativa e de debate, para abordarmos a problemática desta situación nas nosas explotacións.

  9. Carme Freire 310810

    Boicot ás industrias leiteiras a partir do vindeiro mércores 8 de setembro

    31 de Agosto do 2010 · 

        As organizacións agrarias (SLG-UUAA-XXAA) e cooperativas (AGACA) apelamos ao apoio da sociedade galega para facer fronte, canda o sector leiteiro, a industrias coma Lactalis, Leite Celta e Lácteos Lence, que coas súas destrutivas prácticas comerciais están a afundir aos gandeiros e gandeiras da Galiza mediante a imposición de baixísimos prezos para o leite galego. Ao mesmo tempo, instamos á Administración a situarse ao noso carón apoiándonos nas nosas accións reivindicativas e demandas. O vindeiro mércores 8 de setembro iniciaremos as accións de boicot destas industrias e das súas marcas

  10. leite

    Rolda de Prensa [SLG-UUAA-XXAA-AGACA]: valoración da situación no sector leiteiro e presentación do almanaque de mobilizacións.

    30 de Agosto do 2010 · 

    Mañá, martes 31, tera lugar unha reunión do Grupo de traballo do sector lácteo, logo do cal darase conta en rolda de prensa da valoración da actual situación, así coma do almanaque das vindeiras mobilizacións do sector.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte