A irresponsabilidade de industrias e administracións impiden outra saída ao sector.O Sindicato Labrego Galego (SLG),Unións Agrarias (UUAA),Xóvenes Agricultores (XXAA) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) pecharán o vindeiro 31 de agosto o calendario de reunións sectoriais que leva desenvolvendo ao longo dos meses de xullo e agosto para tentar atopar unha saída á desesperada situación dos produtores e produtoras de leite na Galiza.
Xa fai tempo que dende o Sindicato Labrego Galego estamos alertando dos efectos secundarios no gando logo da inoculación da vacina da lingua azul. O vindeiro martes 7 de setembro terá lugar unha xornada informativa e debate pra abordarmos a problemática desta situación nas nosas explotacións.
Nos últimos dias o servizo de identificación de animais da Consellería do Medio Rural (CMR) non funciona; hai gandeiros e gandeiras que levan un mes cos becerros vendidos sen poder sacalos da casa por falta de estar identificados.
Na mañá de hoxe, as tres organizacións agrarias (SLG, XXAA e UUAA), e a asociación galega de cooperativas (AGACA), anunciamos en rolda de prensa que, de non subir o prezo do leite do mes de xullo, haberá mobilizacións do sector leiteiro no vindeiro mes de agosto.
Rolda de prensa conxunta do Sinidicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UUAA), Xóvenes Agricultores (XXAA) e Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).
Dende as 9:00 ás 11:00hrs. desta mañá, a Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra Rodríguez, en calidade de Responsábel do Grupo de Traballo de Producións Animais da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), expón na Comisión de Agricultura da UE as valoracións da CEVC ao respeito das conclusións extraídas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) para a crise do leite, ao tempo que achegará as medidas propostas polo sector produtor europeo agrupado na Coordenadora.
Na mañá de hoxe, o Grupo de Alto Nivel para o leite presentou diante do Consello Agrícola, integrado polos ministros e ministras de agricultura dos 27 países da UE, as súas conclusións para saír da crise do sector leiteiro.
Na mañá de hoxe, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire Cruces, e a Secretaria de Organización e Responsábel do Grupo de Traballo de Producións Animais na Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), Lídia Senra Rodríguez, deron conta en rolda de prensa das accións simultáneas que terán lugar o vindeiro luns 12 nas cidades d´A Coruña e Bruxelas, con motivo do debate por parte do Consello Agrícola da UE das conclusións extraidas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) para a crise do sector leiteiro.
Ás 11:30hrs. de mañá, xoves 8 de xullo, a Secretaria Xeral do SLG -Carme Freire Cruces- e a Secretaria de Organización -Lídia Senra- adiantarán en rolda de prensa as accións europeas que terán lugar o vindeiro luns 12 de xullo con motivo do tratamento no Consello Agrícola da UE das conclusións obtidas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) ao respeito da crise do sector leiteiro europeo -feitas públicas o pasado 15 de xuño-.
A orientación proposta polo Grupo de Alton Nivel (GAN) non dá perspectivas aos produtores e produtoras. Sen regulación pública da produción e mercado leiteiro, non é posible unha solución definitiva para esta crise. As decisións tomadas polo GAN son unha sinal que denota a mala dirección para a PAC 2013.