A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2011

  1. Dirección do Leite do SLG

    A afiliación do sector leiteiro do Sindicato Labrego decide que haberá mobilizacións se o MARM aproba o Real Decreto de contrato lácteo

    18 de Marzo do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 18 de marzo, o seu Congreso do Leite en Ordes no que, amais de renovar responsábel e directiva para o sector, tomou a decisión de organizar mobilizacións en caso de que o Ministerio de Medio Rural teime en aprobar o Real Decreto que obrigue a asinar contratos sen un prezo mínimo de referencia que cubra os custes de produción e deixe beneficios dignos nas explotacións.  


  2. Votación no Congreso de Vacún de Carne do SLG

    O Congreso da Carne de Vacún do SLG reclama un reparto máis xusto e menos burocrático das axudas

    28 de Febreiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o pasado 26 de febreiro, o seu Congreso do Vacún de Carne en Becerreá no que, amais de renovar responsábel e directiva para o sector, reafirmouse, tamén, na defensa das explotacións labregas e familiares que seguen a traballar neste sector e que manteñen con vida algunhas das zonas rurais e de montaña máis desfavorecidas da Galiza.

  3. Carme Freire e Charo Arredondo

    O Ministerio de Medio Rural aborta toda posibilidade de solucionar os problemas do sector leiteiro

    17 de Febreiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego, que participou, no encontro sobre o Real Decreto Lácteo celebrado o 16 de febreiro en Madrid, con Carme Freire (secretaria xeral) como representante[1], saíu totalmente decepcionado diante da teima do Ministerio de Medio Rural en sacar adiante un texto que nega toda posibilidade de negociación dos prezos e impón un modelo de contrato obrigatorio que, amais de non solucionar os problemas que padece o sector produtor na actualidade, empeorará a súa situación en varios aspectos.

  4. Lasurgal

    O Sindicato Labrego denuncia o impago da láctea melidense Rey y Sánchez a varios provedores de Melide, Arzúa, Sobrado, Ordes, A Estrada, Friol e Palas

    11 de Febreiro do 2011 · 

    A Empresa láctea de Melide Rey y Sánchez S.L. leva xa moito tempo atrasando o pago aos seus provedores, produtores e produtoras de leite de varias comarcas do centro de Galiza. Están afectadas explotacións de concellos como Melide, Arzúa, Sobrado ou Ordes, na provincia da Coruña; A Estrada, en Pontevedra; ou Palas de Rei e Friol, en Lugo.

  5. Carme Freire e Adolfo Cabarcos

    O Sindicato Labrego congratúlase pola decisión do Ministerio e da Consellaría de facer voluntaria a vacina contra a lingua azul

    25 de Xaneiro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o secretario dos sectores gandeiros na mesma organización, Adolfo Cabarcos, ofreceron hoxe unha rolda de prensa, o 25 de xaneiro en Compostela, para congratularse pola fin da obrigatoriedade para a vacina contra a enfermidade da lingua azul no gando.  Freire cualificou isto como “unha boa nova para todos os sectores gandeiros deste país”, máxime tralos enormes estragos causados polas campañas obrigatorias de vacinación nas nosas cabanas gandeiras de vacún, ovino e caprino; danos e perdas económicas que, en palabras de Adolfo Cabarcos, “foron superiores ás causadas polo mal das vacas tolas”.

  6. Carme Freire

    O SLG segue a defender contratos para poder vivir e capacidade de negociación colectiva para ter prezos dignos

    24 de Xaneiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego estivo presente na xuntanza do 24 de xaneiro, convocada pola Consellaría do Medio Rural para recabar a opinión das organizacións agrarias e as cooperativas a respecto do decreto lácteo que quere aprobar o Ministerio de Agricultura para poñer en marcha o 1 de abril. Por parte do SLG asistiron ao encontro a secretaria xeral, Carme Freire; e a responsábel do sector leiteiro, Lupe Prado.

  7. Lidia Senra

    O SLG só aceptará o contrato no leite se xorde da negociación colectiva no seo dunha interprofesional e parte dun prezo mínimo de base

    23 de Xaneiro do 2011 · 

    O grupo de traballo do sector lácteo da Coordinadora Europea da Vía Campesina conclúe o seu encontro en Compostela acordando oporse aos contratos sen prezo e á cesión do poder negociador a organizacións de produtores

  8. Carme freire

    Carme Freire a Rosa Aguilar: “O Ministerio vai cometer un erro histórico se nos obriga a asinar contratos sen garantía de prezo no sector leiteiro"

    19 de Xaneiro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o secretario dos sectores vexetais da mesma organización, Xosé Manuel Parente, participaron na reunión que a Ministra de Agricultura, Rosa Aguilar, mantivo hoxe en Compostela coas organizacións agrarias galegas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3