Co remate da campaña 2017-2018 no sector lácteo, cúmprense tres anos dende que desapareceu o sistema de cotas lácteas. Polo medio, tivemos unha das peores crises de prezos que se recordan e pecharon máis de 1.500 granxas: das 9.484 explotacións en activo que había en abril de 2015, pasamos ás 7.967 que contabilizaron os últimos datos do sector, correspondentes a xaneiro de 2018.
O 12 de abril, o Pazo de Mariñán (Bergondo) acollerá unha xornada sobre “Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais a través de espazos de sacrificio colaborativos”. Interesante iniciativa que abordará unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos e, ao mesmo tempo, das que máis potencial e futuro teñan para as explotacións avícolas e cunícolas familiares: o sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para inscribirte, tes que chamar ao 686 783 800 ou enviar un email cos teus datos a arrexo4@gmail.com Podes descargar o programa na seguinte icona.
O Sindicato Labrego Galego presentou hoxe, 13 de decembro, a táboa reivindicativa que vén de elaborar a Dirección da Carne de Vacún de cara a facerlle fronte aos principais problemas deste sector na Galiza. Os encargados de explicar as demandas do SLG foron o responsable da Dirección da Carne de Vacún, Xosé Luís López Galán, e o coordinador dos sectores gandeiros, Xabier Gómez Santiso. Ambos coincidiron á hora de sinalar a gran importancia do sector da Carne de Vacún na Galiza, ao que consideraron “o gran esquecido da gandería do noso país, a pesares de ser o que conta con maior número de explotacións; unhas 30.000”.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, viaxou a Bruxelas, o 12 de decembro, para participar no Grupo Consultivo do Leite da Comisión Europea en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC). Neste Grupo Consultivo participaron todos os axentes do sector lácteo: industria, distribución, cooperativas, produtores e produtoras e estados membros como España ou Polonia.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou hoxe, 7 de decembro, ás organizacións agrarias galegas para presentarlles unha proposta de traballo de cara a solucionar os principais problemas do sector lácteo.
O Sindicato Labrego Galego critica a exclusión da maioría das organizacións agrarias na convocatoria da xuntanza do sector lácteo organizada polo Ministerio de Medio Rural o 3 de decembro. Para o SLG, a proposta do Ministerio de convocar a Comisión de Seguimento do Convenio de Colaboración do Sector Lácteo, que só está formada polas organizacións que asinaron o pasado 29 de agosto o acordo de boas prácticas voluntarias da industria e da distribución (ASAJA-Xovenes Agricultores por parte das organizacións agrarias), é especialmente desafortunada neste intre no que se comezaban a encarreirar, dende Galiza, as negociacións para atopar solucións que poñan fin á peor crise sufrida polo sector lácteo.
Tralo compromiso de chegar a acordos sobre un prezo mínimo que cubra os custes do leite, acadado na xuntanza entre as organizacións agrarias, as industrias e a distribución do 28 de novembro; o 29, realizáronse asembleas cos produtores e produtoras nas principais comarcas leiteiras. O obxectivo destas xuntanzas foi que o propio sector decidise se continuaba a folga de entregas ou a suspendía temporalmente até chegarmos a un compromiso firme de acadar un prezo en orixe que cubra, cando menos, os custes de produción.
A folga de entregas do sector lácteo comezou con enteira normalidade: con asembleas e concentracións por toda Galiza, con tres millóns de quilos sen recoller e sen incidentes destacables. As organizacións agrarias deron unha rolda de prensa na que volveron incidir na responsabilidade política desta crise e na confianza de que industrias e distribución acepten pagar un prezo mínimo digno polo leite galego para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para o medio rural do noso país do que dependen máis de 40.000 familias.
Tras máis de catro horas de negociacións, a folga de entregas do sector lácteo galego segue en marcha. Coa presenza das tres organizacións agrarias, as cooperativas, a industria e a distribución, e convocadas as partes pola Consellaría de Medio Rural, o 26 de novembro, seis horas antes de que comezase a folga de entregas convocada de maneira unitaria polo sector lácteo, tentouse chegar a un acordo de prezos que resultase positivo para todos.
O Sindicato Labrego Galego, xunto ás outras organizacións agrarias e co apoio das cooperativas, convoca unha folga unitaria de entregas de leite a partir do vindeiro martes, 27 de novembro, para reclamar solucións inmediatas á peor crise pola que atravesou o sector leiteiro galego.
Coincidindo coa inauguración do centro comercial As Cancelas en Compostela hoxe, 15 de novembro, celebrouse unha concentración gandeira para denunciar a situación crítica pola que está a atravesar o sector lácteo galego. A intención desta manifestación foi a de denunciar as prácticas abusivas da distribución na cadea de valor, que é unha das principais causas de que as explotacións galegas estean a vender o leite que producen a un dos prezos máis baixos da Unión Europea, e sinalar a Carrefour, que abre un novo hipermercado nesta área comercial, como un dos causantes directos desta problemática.
Convocados e convocadas polas tres organizacións agrarias galegas (SLG, UUAA e XXAA), un milleiro de gandeiros e gandeiras de toda Galiza concentráronse hoxe, 4 de outubro, diante da Consellaría de Medio Rural, en Compostela, para protestar polos baixos prezos do leite. Ademais, fíxose unha marcha ao redor dos edificios administrativos de San Caetano, e os secretarios xerais de UUAA e XXAA, e a secretaria xeral do SLG, mantiveron un encontro co director xeral de Produción Agropecuaria da Xunta, José Álvarez Robledo, para tratar esta cuestión.