A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2012

  1. Isabel Vilalba en Bruxelas

    Isabel Vilalba pediu mecanismos de control do mercado e que garantan prezos no Comité Consultivo do Leite da UE

    10 de Xullo do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou, o 9 de xullo, no Grupo Consultivo do Leite da UE en calidade de membro da Executiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC).

  2. Explotación láctea

    O SLG denuncia a baixa continuada no prezo do leite en orixe durante o primeiro semestre de 2012

    22 de Xuño do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que a baixada continuada no valor do leite en orixe e a tendencia alcista dos custes de produción, están deixando ás explotacións galegas nun nivel de beneficio cero, ou mesmo facéndoas entrar en perdas.

  3. Carme Freire

    O SLG avoga ante Núñez Feijóo por regular os prezos e as marxes comerciais do leite para “rematar coa extorsión das industrias e das distribuídoras”

    5 de Xuño do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e a responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, asistiron á xuntanza que mantiveron hoxe, 5 de xuño, os diversos axentes do sector lácteo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana. Esta reunión enmárcase dentro da decisión na última Mesa do Leite, celebrada o pasado 20 de abril, de trasladarlle as demandas do sector ao presidente da Xunta.

  4. Non hai imaxe

    Carme Freire e Lupe Prado representarán ao SLG na xuntanza de hoxe entre as organizacións agrarias e Feijóo

    4 de Xuño do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e a responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, acudirán á xuntanza de hoxe, 5 de xuño, que manterán as tres organizacións agrarias galegas co presidende da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Este encontro será ás 13:30 horas, no despacho presidencial situado no complexo administrativo de San Caetano, en Compostela.

  5. Rolda de prensa

    As graves deficiencias nas campañas de saneamento gandeiro poñen ao borde da ruína a moitas explotacións

    22 de Maio do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu, o 22 de maio, unha rolda de prensa para denunciar as graves deficiencias e irregularidades nas campañas de saneamento gandeiro que se desenvolven na Galiza. Na rolda participaron a secretaria xeral do SLG, Carme Freire; o secretario de Sectores Gandeiros, Adolfo Cabarcos; e o afiliado e gandeiro da Baña, Cándido Iglesias.

  6. Non hai imaxe

    As organizacións agrarias reclaman do presidente da Xunta que lidere unha solución para o sector lácteo

    21 de Maio do 2012 · 

    As organizacións Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego trasladáronlle por carta ao presidente da Xunta de Galicia, a necesidade de que lidere a procura de solucións diante do Goberno central, para sacar o sector lácteo galego do risco certo de estrangulamento financeiro, por mor dunha escalada dos custes de produción combinada cunha baixada dos prezos que os gandeiros galegos perciben por parte das industriais.

  7. Gandeiros e gandeiras

    A conselleira de Medio Rural ponse do lado das industrias e abandona á súa sorte ás explotacións afectadas polos impagos de Lácteos Tambre

    9 de Maio do 2012 · 

    A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, compareceu, o 9 de maio, diante do Parlamento de Galicia para explicar que medidas pensa tomar para solucionar o problema de impagos de empresas como Lácteos Tambre, que deben varias entregas de leite ás explotacións que lle fornecen de materia prima dende hai máis dun ano. A intervención de Rosa Quintana producíase a instancias dunha pregunta formulada pola deputada do BNG, Tareixa Paz.

  8. Lupe Prado

    O SLG pedirá a Feijóo que defenda ao sector leiteiro galego na elaboración da Lei da Cadea Alimentaria e do paquete lácteo europeo

    20 de Abril do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada da responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, participaron na Mesa do Leite que se celebrou, o 20 de abril, en Compostela. Ambas valoraron positivamente o acordo unánime dos axentes representados neste foro –organizacións agrarias, industrias e Xunta- de que só a vía política pode solucionar problemas como que non se dea fixado un prezo mínimo para o leite, ou que os gandeiros e as gandeiras non saiban a canto lles van pagar o produto do seu traballo, con independencia de que asinen ou non contratos. Neste senso, a Mesa do Leite acordou solicitar unha xuntanza do sector, ao máis alto nivel político na Galiza, co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

  9. Búscase empresa honrada

    O SLG denuncia ante os grupos parlamentarios do BNG e do PSOE os impagos das lácteas ás explotacións

    27 de Marzo do 2012 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego mantivo hoxe, 27 de marzo, xuntanzas cos grupos parlamentarios do PSdG-PSOE e do BNG para falar da problemática que están padecendo moitas explotacións por mor da morosidade de Lácteos Tambre, empresa que debe varios meses de entregas de leite dende hai máis dun ano.

  10. Carne

    O SLG defende as producións cárnicas galegas de calidade fronte aos estudios que demonizan o seu consumo

    16 de Marzo do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere denunciar a falla de rigor do estudio realizado polo departamento de nutrición da Universidade de Harvard no que se conclúe que o consumo de carne vermella aumenta o risco de padecer enfermidades e acurta a vida de quen as consume.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. Seguinte