A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2013

  1. A Dirección de Vacún de Carne do SLG prepara unha campaña para traballar na dignificación do sector

    Vacún de carne SLG 14 de Maio do 2018 · 

    O pasado 19 de abril, o grupo de traballo da Dirección da Carne mantiña unha xuntanza en Compostela na que un dos principais temas trabados foi o deseño dunha campaña para poñer este sector no centro da axenda do Sindicato Labrego Galego.

  1. Alimentos Lácteos

    En contestación ao director do Igape, o SLG pide á Xunta que financie a débeda das explotacións arruinadas por Alimentos Lácteos tal e como fixo antes coa empresa

    24 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere contestar ás declaracións que fixo, o 23 de outubro, o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, sobre Alimentos Lácteos, cuxa creba considera “unha lección para todos”, pero remarcando o carácter privado da empresa e limitando as responsabilidades aos administradores da mesma (ler declaracións).

  2. Asemblea Xertigan

    As 200 explotacións afectadas polo concurso de acredores de Xertigán terán até 17 de outubro para reclamar

    12 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 10 de outubro en Vilalba, unha asemblea informativa para asesorar aos gandeiros e gandeiras afectados/as polo concurso de acredores de Xertigán. A esta xuntanza asistiron unhas 60 persoas, polo que aínda hai moitas explotacións que non son conscientes da importancia de informarse e reclamar a tempo, habida conta de que son unhas 200 as afectadas, fundamentalmente dos municipios de Vilalba, Xermade e Guitiriz e, en menor medida, doutros concellos da Terra Chá.

  3. Xertigan

    O Sindicato Labrego Galego asesorará ás explotacións gandeiras afectadas polo concurso de acredores de Xertigan

    9 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de convocar unha asemblea aberta na que participarán os gandeiros e as gandeiras afectados/as polo concurso de acredores da cooperativa Xertigan, que acumula unha débeda total, na que tamén se inclúen os impagos ás explotacións, de 2.964.885 euros. Nesta xuntanza participarán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba; a coordinadora comarcal do SLG na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo; amais dunha equipa xurídica formada por Ramón Barreiro e Isabel Crende. O encontro terá lugar na sede do SLG en Vilalba (rúa Cidade de Viveiro 1, entrechán) o xoves, 10 de outubro, ás 21:30 horas.

  4. Modelo 347

    As explotacións gandeiras da Galiza a piques de perder o anticipo das axudas da PAC por fallos da Axencia Tributaria

    7 de Outubro do 2013 · 

    Debido a un fallo nas aplicacións informáticas da Axencia Tributaria, segundo puidemos constatar dende o SLG, un número elevado de explotacións de leite galegas que tributan por módulos aparecen como que non están ao corrente das súas obrigas fiscais por non ter presentado o modelo 347. O erro consiste en que ese modelo só é obrigatorio para as explotacións que tributan en réxime de estimación directa e non para as que o fan en módulos.

  5. Hamburguesa sintética

    Hamburguesa sintética: seguen tentando impoñer un modelo alimentario para encher as arcas das corporacións

    6 de Agosto do 2013 · 

    Tras unha ardua investigación con non se sabe canto persoal científico e non se sabe cantos centos de miles de euros, creouse a primeira hamburguesa sintética con carne de vaca construída a partir de células nai. Mais, quen necesita carne de vaca que non sexa de vaca?

  6. Cobrador do frac

    O Ministerio de Agricultura convértese en moroso ao non aboar axudas concedidas a explotacións dende 2009

    18 de Xuño do 2013 · 

    No ano 2008, o Ministerio de Agricultura, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), artellou unha liña de axudas para apoiar o financiamento das explotacións gandeiras galegas1. Estas axudas consistían, basicamente, nunha liña de créditos a cinco anos, dun mínimo de 3.000 euros e un máximo de 60.000, cun xuro fixo do 5'30%; dese xuro, o Ministerio de Agricultura comprometíase a subvencionar un máximo do 2% e o Igape outro tanto, de tal xeito que as explotacións beneficiarias acabarían pagando un 1'30% de xuros. Como o empréstito tiña un ano de carencia, as axudas ingresaríanse en catro prazos anuais (dende o 1 de xullo de 2009 ao 1 de xullo de 2013), de maneira que os últimos ingresos por este concepto deberían rematar de aboarse no presente mes.

  7. Débeda Lácteos Tambre

    Tres novas sentenzas condenatorias obrigan a Lácteos Tambre a pagar as débedas que mantén coas explotacións

    6 de Abril do 2013 · 

    Durante a presente semana, recaeron no xulgado de Ordes tres novas sentenzas condenatorias contra a empresa Lácteos Tambre, afincada en Sigüeiro (Oroso), polos impagos de leite a gandeiros e gandeiras da comarca de Ordes1.

  8. Xosé Ramón Cendán

    As políticas agresivas de Lactalis e a inhibición da Xunta fan que se incumpran os acordos de novembro no sector lácteo

    22 de Marzo do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu unha rolda de prensa, o 21 de marzo, xunto ás outras organizacións agrarias, para denunciar as políticas comerciais agresivas de Lactalis, que está impulsando de xeito unilateral unha baixada no prezo do leite de 6 € por tonelada (algo máis de medio céntimo por litro).

  9. leite

    O SLG pide a convocatoria da mesa do leite para rematar cos abusos e prácticas mafiosas das industrias lácteas

    8 de Febreiro do 2013 · 

    Os compromisos aos que chegaron os diversos axentes do sector lácteo trala folga de entregas de novembro, serviron para demostrar, unha vez máis, a falta de palabra das industrias lácteas, que só entenden de maximizar o seu lucro aínda que sexa a costa do afundimento do sector.

  10. Alimentos lácteos

    O SLG esíxelle á Xunta que garanta o pagamento da débeda de Alimentos Lácteos coas explotacións

    31 de Xaneiro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere que a Xunta achegue solucións efectivas á crise da empresa Alimentos Lácteos e, sobre todo, que garanta que as explotacións que fornecen esta empresa, ás que se lles adebeda varias mensualidades, poidan cobrar todos os cartos que lles deben.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte