A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2013

  1. Atraco

    Os abusos comerciais da industria ameazan con rebentar o proceso de construción de prezos xustos para o leite

    24 de Xaneiro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de constatar presións das industrias lácteas para que as explotacións que lles fornecen asinen contratos retroactivos para o leite vendido nos últimos meses de 2012 a prezos ruinosos. Así, soubemos que Lactalis está presentando agora, en xaneiro, contratos para pagar o leite que mercou en novembro e decembro; tamén Leite Río, que está a ofrecer contratos de seis meses que inclúen o último trimestre de 2012 con prezos de 27 céntimos por litro. 

  2. Isabel Vilalba Seivane

    O SLG agarda que o Consello de Ministros do 25 de xaneiro non aborte a aspiración do sector lácteo galego a ter un prezo digno para o leite

    18 de Xaneiro do 2013 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 18 de xaneiro, na xuntanza da comisión de seguimento dos acordos que se acadaron no sector lácteo galego trala folga de entregas de novembro.

  3. Fernández Couto e Isabel Vilalba

    O SLG demanda instrumentos de protección e mobilidade da terra agraria para garantir o futuro do sector lácteo

    11 de Xaneiro do 2013 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 11 de xaneiro, na comisión de seguimento dos acordos do sector lácteo que se acadaron, a finais do ano pasado, trala folga de entregas de novembro. Na xuntanza estiveron as outras organizacións agrarias e unha comitiva da Xunta encabezada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto, e nela traballáronse cuestións como as achegas á Lei da Cadea Alimentaria, para rematar coa posición de abuso das industrias que obrigan a vender o leite en orixe a perdas; ou a configuración dun prezo que contemple a cobertura dos custes de produción.

  4. Rubia Galega

    Un recorte de 350.000 euros ameaza as explotacións en zonas desfavorecidas de montaña na Galiza

    8 de Xaneiro do 2013 · 

    A Consellaría de Medio Rural publicou, o 7 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia, unha orde pola que deixa sen efecto as axudas para o fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos que convocara a finais de 2012. Estas axudas tiñan por obxectivo a renovación do compromiso adquirido por estas explotacións para a cría de gando autóctono, e beneficiaban, sobre todo, a familias gandeiras de zonas desfavorecidas de montaña en Lugo e Ourense que son o único motor económico de amplas zonas do noso rural que, sen esta actividade gandeira, estarían deshabitadas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2