A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2014

  1. O Sindicato Labrego Galego responde a enquisa do Ministerio de Agricultura sobre a etiquetaxe do mel

    Mel 18 de Decembro do 2018 · 

    Até o este mércores 20 de decembro está aberta unha consulta pública do Ministerio de Agricultura sobre a implantación e obriga dunha etiquetaxe máis detallada da orixe de mel. É importante que os consumidores e consumidoras teñamos información clara sobre a orixe dos produtos que mercamos, e os produtores e produtoras a oportunidade de defendernos ante as importacións masivas de mel de baixa calidade.

  2. SLG e AGA esixen unha etiquetaxe transparente para o mel de cara a evitar a venda fraudulenta de produtos foráneos

    Concentración apícola 11 de Decembro do 2018 · 

    A Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) organizou unha campaña de accións en 18 cidades do Estado para denunciar a normativa que regula a etiquetaxe do mel, por amparar a fraude e prexudicar directamente o mel de calidade dos nosos apicultores e das nosas apicultoras.Na Galiza, fomos o Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Apicultura as organizacións encargadas de secundar esta mobilización, cunha concentración no Centro Comercial As Cancelas, en Compostela. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  3. SLG e AGA farán unha protesta o 11 de decembro en Compostela en defensa do noso mel

    Mel COAG 5 de Decembro do 2018 · 

    O sector apícola da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha serie de mobilizacións para o 11 de decembro en Almería, Córdoba, Guadalaxara, Xaén, As Palmas, Logroño, Málaga, Menorca, Murcia, Oviedo, Pamplona, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Zaragoza, para denunciar os abusos da industria do mel a produtores e produtoras, por unha banda, e ás persoas que consumen, por outra.

  1. Rolda de prensa

    A industria castiga a gandería sostible baixando o prezo do leite das vacas alimentadas con pastos e forraxes naturais

    23 de Outubro do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, acompañada polo gandeiro e membro da Executiva do SLG, Mariano Pazos Currais, ofreceron, o 22 de outubro, unha rolda de prensa para denunciar as estrataxemas da industria leiteira de cara a impoñer unilateralmente baixadas de prezo que sitúan ao leite producido no noso país como o peor pagado do Estado e un dos menos retribuídos da Unión Europea.

  2. CoopLaArz

    O SLG denuncia prezos de miseria en La Arzuana no leite recollido ás explotacións socias en setembro

    21 de Outubro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia a baixada de prezos inxustificada que a xerencia da Cooperativa La Arzuana vén de facer no leite adquirido no mes de setembro ás súas explotacións. En concreto, La Arzuana marcou un prezo de 27 céntimos para o litro de leite recollido nese mes, moi por debaixo dos paupérrimos valores aos que se está a cotizar no resto da comarca, nunca por baixo dos 30-32 céntimos.

  3. Alimentos Lacteos

    A Cooperativa La Arzuana debe até catro meses de entregas de leite ás súas explotacións socias

    26 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia, unha vez máis, a situación de impagos que padecen os socios e socias da Cooperativa La Arzuana, por parte da directiva da mesma. Dende esta organización agraria temos constancia de gandeiros e gandeiras a quen se lles deben até catro meses de entregas, xusto nunha conxuntura moi difícil na que os prezos non pararon de caer ininterrompidamente dende xaneiro, con valores medios na actualidade ao redor dos 30 céntimos por litro para o caso desta cooperativa, o que fixo minguar moito os ingresos nas granxas.

  4. Isabel Vilalba Seivane

    As organizacións agrarias galegas pedimos a convocatoria urxente da mesa do leite para evitar unha crise no sector

    4 de Xullo do 2014 · 

    As tres organizacións agrarias galegas -Sindicato Labrego, UUAA e XXAA- pedimos, o 4 de xullo, a convocatoria urxente da mesa do leite diante dunha preocupante situación no sector na que os prezos volven baixar sen que haxa unha razón de mercado que xustifique esa caída, e diante do incumprimento dos compromisos adoptados para co sector, a finais de 2012, por parte da Consellaría de Medio Rural e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

  5. Manifestación

    O Sindicato Labrego solidarízase coa Confédération Paysanne na súa loita contra a granxa das 1.000 vacas

    26 de Xuño do 2014 · 

    A Confédération Paysanne, organización labrega francesa que, coma o SLG, pertence á Coordinadora Europea da Vía Campesina, vén de iniciar unha campaña para evitar a posta en marcha dunha marcroexplotación láctea no departamento de Somme (rexión de Picardía) cuxo modelo suporía a fin da gandería familiar na zona afectada e, de estenderse, en toda Europa. A Conf leva un ano de mobilizacións e, o vindeiro 1 de xullo, prepara unha grande manifestación fronte ao Palacio de Xustiza de Amiens para forzar a paralización deste aberrante proxecto.

  6. Veterinario

    O SLG reuniuse co xefe de Sanidade Animal da Xunta para mellorar a loita contra a tuberculose bovina na Galiza

    10 de Xuño do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o responsable dos Sectores Gandeiros na Executiva do SLG, Adolfo Cabarcos, mantiveron, o 9 de xuño, un encontro de traballo co xefe do Servizo de Sanidade Animal da Consellaría de Medio Rural, Jesús Orejas. O motivo principal desta xuntanza, solicitada polo SLG, foron os problemas que está habendo coa actual campaña de saneamento gandeiro na Galiza e, en concreto, coa aparición de focos de tuberculose bovina en lugares onde nunca antes houbo positivos e mesmo en explotacións que non adquiriron gando novo.

  7. MMO

    O SLG pide a Medio Rural medidas adicionais que garantan prezos dignos negociados en iguadade para o leite galego

    2 de Xuño do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, tivo unha apretada axenda durante a semana pasada en cuestións relacionadas co sector lácteo. A comezos de semana, celebrábase a primeira xuntanza do Observatorio do Mercado Europeo do Leite en Bruxelas, na que participou en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina. Dous días despois, a cita foi en Compostela, na presentación de Xacobea, a ferramenta para a referenciación de prezos para o leite galego que presentaba a Consellaría de Medio Rural.

  8. Protestas contra Lácteos Tambre

    Lácteos Tambre salda as súas débedas coas explotacións que a denunciaron tralas protestas do Sindicato Labrego

    16 de Maio do 2014 · 

    Despois de tres anos de protestas, denuncias, embargos e condenas firmes por parte da xustiza, Lácteos Tambre pagou as débedas que mantiña con 7 explotacións que, asesoradas polo equipo xurídico do Sindicato Labrego Galego, denunciaron esta empresa afincada en Oroso e xestionada pola familia Sangiao por negarse a pagar varias entregas de leite correspondentes ao primeiro trimestre de 2011. Sen dúbida, as últimas mobilizacións levadas a cabo en Sigüeiro (Oroso), o pasado 14 de abril, forzaron á familia Sangiao a acatar as resolucións xudiciais que a obrigan a pagar e que estivo eludindo con estrataxemas como desmantelar a empresa para evitar o embargo, operando no mercado impunemente con Lácteos Merza e, na actualidade, con Logística Alimentaria.

  9. Isabel Vilalba

    O SLG manifestase en Oroso contra os impagos de Lácteos Tambre e as prácticas mafiosas do Clan dos Sangiao

    15 de Abril do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego levou a cabo unha manifestación hoxe, 14 de abril, en Oroso para denunciar a teimuda actitude dos empresarios Sangiao -Ramón Sangiao Gómez (pai e patriarca do clan) xunto a Ramón e Brais Sangiao Ríos (fillos)- que, á fronte da desmantelada Lácteos Tambre, teñen pendentes de pagar varias entregas de leite a numerosas explotacións gandeiras dende inicios de 2011. A pesares das sentenzas xudiciais en contra, das ordes de pagamento e dos embargos, o Clan dos Sangiao está a eludir a acción da xustiza grazas a unha rede empresarial creada para esta fin e que lles permite seguir operando impunemente no mercado do leite a través de firmas como Lácteos Merza SL (tal e como se denomina agora a factoría que teñen en Penateixa-Oroso) ou Logística Alimentaria.

  10. Sangiao Ríos

    Manifestación do SLG en Oroso para denunciar as prácticas mafiosas de Lácteos Tambre e os empresarios Sangiao

    12 de Abril do 2014 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego acudirá o vindeiro luns, 14 de abril, ás 12:00 horas, até o Concello de Oroso para rexistrar un escrito dirixido ao pleno coa intención de recabar o seu apoio ás explotacións afectadas polos impagos de Lácteos Tambre e cuxas débedas se remontan a comezos de 2011.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte