A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2014

  1. CNMC

    As prácticas mafiosas das industrias lácteas só se poderán erradicar coa reforma da Lei da Cadea Alimentaria

    13 de Marzo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar as súas reservas diante da decisión da Comisión Nacional de Mercados e da Competencia (CNMC) de ampliar o expediente sancionador a varias industrias leiteiras galegas por intercambiar información e chegar a acordos para repartirse o mercado e fixar os prezos do leite (accede ao comunicado da CNMC aquí).

  2. Cachena

    Medio Rural denega as axudas para criar razas autóctonas de gando ao 85% das explotacións solicitantes

    20 de Febreiro do 2014 · 

    A Consellaría de Medio Rural vén de consumar un auténtico esperpento coas axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, publicadas no DOG do 11 de abril de 2013, ao denegarlle a subvención a 907 explotacións, o que supón o 85% das solicitantes.

  3. Asemblea Xertigan

    As persoas socias de Xertigán que reclamaron no concurso de acredores acadan a compensación xudicial das súas débedas

    7 de Xaneiro do 2014 · 

    Os gandeiros e gandeiras da cooperativa Xertigán que, baixo o asesoramento do Sindicato Labrego Galego, presentaron reclamación no marco do concurso de acredores da Cooperativa Xertigán, están comezando a apañar os froitos da súa iniciativa. En total, foron 23 as persoas socias que reclamaron asesoradas polo SLG e que veñen de acadar a compensación xudicial, de maneira que as débedas que tiñan coa cooperativa por servizos ou insumos consumidos será descontada da débeda que a cooperativa mantén con elas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2