A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2015

  1. A aposta polas razas de gando autóctonas ten premio

    Razas autóctonas Galiza 11 de Xullo do 2018 · 

    O pasado 7 de xuño, no marco da 41ª Feira Semana Verde de Silleda, celebráronse varios concursos para premiar os mellores exemplares de razas galegas en perigo de extinción. En concreto, houbo competición en razas bovinas como Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa; e tamén en Porco Celta e Galiña de Mos. Máis alá do gando, tamén houbo certame de cans de palleiro. Cadrou que, nesta ocasión, houbo cinco afiliados do Sindicato Labrego Galego que foron galardoados.

  1. Cotizacións leite Fonterra

    Nin os mercados, nin a falla de apoios da Consellería e do Ministerio, fan recuar as mobilizacións do sector lácteo

    23 de Decembro do 2015 · 

    Os gandeiros e gandeiras seguen na Galiza coa súa vaga de bloqueos nas grandes superficies comerciais coa intención de forzar unha suba no prezo do leite na que nin a Consellaría de Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura están dispostos a mediar nin apoiar. Mentres, a situación global do sector leiteiro, que nos toca de cheo por estarmos integrados na Unión Europea, segue a ser preocupante, con aumentos moi cativos das exportacións que non logran compensar a forte caída das vendas a China. Asemade, os prezos seguen coa súa volatilidade extrema, contrastando os 18 céntimos a que se paga o quilo de leite spot en Holanda cos 34,5 céntimos de Italia.

  2. Cendán e Vilalba

    O SLG oponse ao contrato para o sector lácteo do Ministerio porque deixa indefensas as granxas fronte ás industrias

    16 de Decembro do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o asesor da Executiva do SLG, Xosé Ramón Cendán, ofreceron unha rolda de prensa, o 16 de decembro, para transmitir a posición desta organización sindical respecto ao contrato homologado do leite que está a defender o Ministerio de Agricultura (pódese descargar na icona que hai no remate desta páxina) e desmentir un suposto consenso na última xuntanza da Interprofesional Láctea (INLAC).

  3. Tractores en Carrefour

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo aumenta a presión ás distribuidoras con tractoradas indefinidas

    8 de Decembro do 2015 · 

    Este xoves, 10 de decembro, as mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo soben un chanzo máis coa saída de tractores á rúa. En concreto, ese día unha tractorada tomará de maneira indefinida o entorno do Carrefour da avenida Alfonso Molina, na Coruña.

  4. Isabel Vilalba Seivane

    Isabel Vilalba denuncia no centro comercial das Termas o peche de 400 explotacións lácteas na Galiza en 2015

    2 de Decembro do 2015 · 

    Gandeiros e gandeiras do sector lácteo concentráronse hoxe, 2 de decembro, no centro comercial das Termas (Lugo), onde hai un Eroski, para denunciar diante da cidadanía que a suba do prezo do leite que se está a experimentar nos supermercados non se trasladou ás granxas, que seguen a cobrar prezos miserables semellantes ao do pasado verán que, en setembro, acadaron unha media de 28 céntimos por litro, moi lonxe dos 34 céntimos en que o Ministerio de Agricultura cifra a cobertura dos custes de produción.

  5. Concentración nas Cancelas

    Volven as mobilizacións ao sector lácteo galego diante do fracaso estrepitoso dos acordos de Madrid

    30 de Novembro do 2015 · 

    Hoxe, 30 de novembro, comezaron as mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo que, desta vez queren chamar a atención sobre a posición de dominio e abuso das grandes distribuidoras na cadea de valor. Non en van, os cálculos realizados desvelan que os supermercados quedan con case a metade do que se paga por cada litro de leite (46%). Esta primeira acción tivo lugar no centro comercial das Cancelas, en Compostela, onde opera un hipermercado da cadea francesa Carrefour, e consistiu nunha concentración e no reparto de folletos informativos sobre esta problemática.

  6. Manifestación sector cunícola

    Produtores e produtoras de coello maniféstanse en Compostela para esixir solucións á crise de prezos

    24 de Novembro do 2015 · 

    Un cento de produtores e produtoras de carne de coello da Galiza manifestáronse en Compostela hoxe, 24 de novembro, para protestar contra os prezos de miseria que se lles leva pagando durante todo este 2015 e que están a arruinar as súas granxas. Estamos a falar dun valor medio, no presente ano, de 1'54 €/quilo, cando os custes de produción están entre 1'85 € e 1'95 €. Mesmo, no verán, os prezos chegaron a tocar fondo con valores de 80 céntimos por quilo.

  7. Novos tramites

    O Ministerio de Agricultura saca da manga un novo trámite burocrático para poder cobrar as axudas do sector lácteo

    19 de Novembro do 2015 · 

    O Ministerio de Agricultura vén de publicar un aviso mediante o cal insta a cumprir novos trámites ás persoas beneficiarias das axudas destinadas a compensar as dificultades económicas no sector lácteo, publicadas no real decreto 849/2015. En efecto, tras pasar todo o proceso burocrático necesario para obter esta axuda, agora o Ministerio anuncia que é necesario que as persoas beneficiarias realicen unha declaración responsable de non incorrido en ningunha das prohibicións previstas do artigo 13 da Lei 38/2003 da Lei Xeral de Subvencións.

  8. Prezos leite na UE

    Isabel Vilalba denuncia a política “suicida e contraditoria” para o sector lácteo da Comisión Europea

    16 de Novembro do 2015 · 

    Trala celebración do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, neste 16 de novembro, é bo sacar a colación a última xuntanza do Grupo de Diálogo Civil do Sector Lácteo (Civil Dialogue Group on Milk), celebrada o 10 de novembro en Bruxelas a instancias da Comisión Europea. Neste encontro participaron catro representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), entre quen se atopaba a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane; xunto a ela estiveron a cántabra Charo Arredondo, Nico Filippini (Italia) e Philippe Collin (Francia).

  9. Protestas en Bruselas

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina pide a regulación do mercado para atallar a crise no sector lácteo

    14 de Novembro do 2015 · 

    Con motivo da xuntanza do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, o 16 de novembro, as organizacións integrantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) -entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego- enviamos unha carta aos ministros e ministras solicitándolles a posta en marcha novas ferramentas públicas para regular o mercado leiteiro de cara a atallar a gravísima crise que vive o sector e para garantir unha remuneración digna polo leite que cubra os custes de produción nas granxas. De seguido, compartimos con vós a misiva:

  10. Valoración SLG acordo lácteo

    O SLG insta a reabrir as negociacións no sector lácteo diante da xeneralización de contratos lixo

    26 de Outubro do 2015 · 

    Diante do encontro que se celebrou o 26 de outubro, en Madrid, para ver como evoluciona o “Acordo para a sostenibilidade e estabilidade do sector lácteo”, dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos que, tal e como era previsible, todo o pactado quedou en papel mollado. Así o afirmaron nunha rolda de prensa ese mesmo día, en Lugo, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos Sectores Gandeiros nesta organización agraria, Xabier Gómez Santiso.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. Seguinte