A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2015

  1. Tractorada Chantada

    O SLG apoiará activamente a tractorada de Lugo diante da falla de solucións políticas á crise do sector lácteo

    2 de Septembro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como organización integrante da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, apoia a manifestación e a tractorada que os gandeiros e gandeiras van facer mañá, 3 de setembro, en Lugo. Expresamos o noso apoio tras meses de negociacións coa Consellaría de Medio Rural e co Ministerio de Agricultura, sen que ningún destes organismos teña feito nada aínda por solucionar que as nosas granxas sigan a cobrar o leite a prezos de miseria, moi por baixo dos custes de produción.

  2. Comitiva SLG en Bruxelas

    Unha comitiva do SLG participa dende hoxe no Parlamento Europeo nun seminario para analizar a crise do sector lácteo

    2 de Septembro do 2015 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada por 25 gandeiros e gandeiras do sector lácteo e encabezada pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, viaxaron ao Parlamento Europeo (Bruxelas) para participar, dende hoxe, 2 de setembro, no seminario internacional “Impacto da liberalización do sector lácteo. Que futuro?”, organizado por Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Nórdica (GUE/NGL).

  3. Tractores

    As axudas anunciadas para o sector lácteo poden ser un paliativo pero non a solución ao problema dos prezos

    2 de Septembro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego advirte que as axudas anunciadas polo Ministerio de Agricultura, consistentes en subvencionar con 300 € por vaca aquelas granxas que estean a sufrir perdas polos baixos prezos do leite, poden ser un paliativo temporal do problema pero nunca a solución.

  4. Protestas do leite en Bruxelas

    A ECVC e o EMB manifestaranse en Bruxelas durante o Consello Ministerial de Agricultura pola crise leiteira

    31 de Agosto do 2015 · 

    O vindeiro 7 de setembro, coincidindo coa celebración do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea en Bruxelas, a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), da que forma parte o SLG, e o European Milk Board (EMB), manifestaranse para denunciar a situación insostible na que levan meses miles de explotacións, na Galiza e no resto de Europa, debido á caída de prezos e a falla de control sobre a produción pola eliminación do sistema de cotas.

  5. Melide Tractorada

    En Teixeiro e Curtis faise oir a voz do sector lácteo

    27 de Agosto do 2015 · 

    Proseguindo as mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego neste mes de agosto, hoxe serán as localidades de Curtis e Teixeiro as que contemplen ao mesmo moverse pola súa supervivencia.

  6. O sector lácteo mobilízase en Sarria

    O sector lácteo en loita. Hoxe tócalle a Sarria.

    25 de Agosto do 2015 · 

    Despois das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na espectacular manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, hoxe é a vez de Sarria.

  7. Prezos xustos

    O sector lácteo de Ordes sae a rúa para esixir solucións

    21 de Agosto do 2015 · 

    Marcando unha liña de continuidade das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego ao longo deste mes de Agosto , hoxe a cita e en Ordes, outra das capitais de comarca cuio sector lácteo sustenta gran parte da economía comarcal.

  8. Villalba 20.08.15 : O sector lácteo mobilizase con forza

    O sector lácteo mobilizase con forza na Terra Chá

    20 de Agosto do 2015 · 

    Continuando coas mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, como Santa Comba ou Chantada e Lalin , hoxe a cita e en Vilalba, capital da terra Cha .

     

     

  9. Tractorada Melide

    O Deza mobilízase hoxe polo sector lácteo

    12 de Agosto do 2015 · 

    Mentras o noso sector lácteo, tan importante na nosa economía e sociedade, ve como a parte produtora sufre abusos e unha forte e permanente caida nos prezos que se lle paga aos produtores/as, é de lamentar que isto suceda ante a pasividade e a falta de iniciativa dos poderes públicos para afrontar a gravedade do problema e achegar solucións.

  10. Tractorada

    Arzúa mobilízase en defensa do sector lácteo

    10 de Agosto do 2015 · 

    Despois das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na espectacular manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, como Santa Comba ou Chantada, hoxe tócalle á vila de Arzúa.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte