NOSOUTRAS, labregas chegadas de diferentes países de Europa, reunidas en Cáceres durante o seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos” durante os días 27, 28 e 29 de abril, queremos lembrar ás administracións públicas QUE AS LABREGAS ESTAMOS EIQUÍ, e que como labregas desempeñamos un papel crave na produción de alimentos na Europa e tamén no desenvolvemento e na vida dos nosos pobos.
Labregas do Estado español e Europa están a levar a cabo o seminario europeo Labregas polos nosos dereitos, organizado en Cáceres pola Confederación de Mulleres do medio Rural, CERES, en colaboración coa área de mulleres da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), as mulleres de COAG de Estremadura e a Coordenadora Europea Vía Campesiña (CEVC).
A Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra, e a Responsábel da Secretaría das Mulleres, Isabel Vilalba, anunciaron na mañá de hoxe a participación do Sindicato Labrego Galego no seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos”.
Ás 11:30hrs do vindeiro luns 26 de abril, Lidia Senra - Secretaria de Organización do SLG e membra da Comisión Internacional de Mulleres da Vía Campesina- e Isabel Vilalba -Responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG- presentarán na Galiza a realización do Seminario Internacional “Labregas polos nosos dereitos” que vai ter lugar en Cáceres do 27 ao 29 de abril.
A Secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego e membra do Comité de Coordinación da Coordenadora Europea Víia Campesina , Lídia Senra Rodríguez, participará esta tarde en Pontevedra na XXVII Semana Galega da Filosofía, organizada pola Aula Castelao de Filosofía (http://www.aulacastelao.com/).
A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego finaliza o seu VII Encontro Anual abordando a importancia do mantemento dos servizos sociais mediante unha análise da situación actual específica da sanidade pública, dos servizos de atención social e daqueles orientados ás explotacións gandeiras. ACTUALIZADA GALERÍA DE IMAXES.
A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, reunida en Ribadeo coa presenza de case duascentas labregas procedentes de todos os sectores produtivos do país, amosa a súa preocupación polo anuncio da suspensión do Servizo Galego de Promoción da Igualdade (SGI) feita pública no día de onte e motivada supostamente por razóns económicas.
Isabel Vilalba, Responsábel da Secretaría das Mulleres, deu conta hoxe en rolda de prensa das actividades e accións reivindicativas que terán lugar do 5 ao 7 de marzo no marco do VII Encotro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego coincidindo co centenario da celebración do 8 de marzo (Día das Mulleres), que desta vez xuntará en Ribadeo preto de 200 labregas chegadas de toda Galiza e pentencentes a distintos sectores produtivos.
Mañá, Día internacional contra a violencia que afecta ás mulleres participaremos na xeira de mobilizacións reivindicativas convocada en todo o mundo coa celebración da V Festa das Mulleres* na comarca de Ordes, acto co que daremos valor ao feito en si de xuntármonos as mulleres, aproveitando ademais esta quinta edición para recoñecer o papel das mulleres na histórica loita labrega d´As Encrobas no ano 1977, coa súa participación nunha palestra que terá lugar ás 13:30hrs.
O SINDICATO LABREGO GALEGO da Comarca de Ordes, organiza a súa V Festa das Mulleres o vindeiro 25 de Novembro do 2009, día Internacional contra a Violencia de Xénero. Actualizada.