A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Secretaría da muller>
  4. Un grupo de labregas vascas na Galiza para coñecer a agricultura desenvolvida por mulleres no noso país

Un grupo de labregas vascas na Galiza para coñecer a agricultura desenvolvida por mulleres no noso país

2 de Xuño do 2014

En Feitoría Verde

Un grupo de cinco labregas vascas da organización agraria EHNE-Bizkaia chegou a Galiza o pasado venres, 30 de maio, para coñecer de primeira man explotacións rexentadas por mulleres en diversos concellos do país como Teo, Vedra, Rois, Ordes, Miño, Irixoa, Teixeiro, Vilasantar, Ribadeo, Lourenzá ou Mondoñedo. Esta visita encádrase dentro do proxecto "De Iacarta 2013 a Euskal Herria 2017: Construíndo soberanía Alimentaria en Euskal Herria", acción financiada pola Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento.

A xira destas agricultoras vascas por Galiza comezou o sabado, 31 de maio, cunha visita ao Mercado do Alimento Labrego dos Tilos, en Teo e un xantar coas mulleres que dan vida a esta feira. Xa pola tarde, as participantes viaxarán até Vedra para coñecer a actividade de Noa, Isa e Paula, tres mozas que veñen de iniciar o proxecto Feitoría Verde, que ademais da actividade de formación e asesoramento ambiental e agrícola, veñen de poñer en marcha un viveiro para producir planta ecolóxica.

En Feitoría Verde Ao día seguinte, o 1 de xuño, houbo pola mañá un almorzo-conversa con Tareixa Ledo, autora do libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”; e Lupe Ces, activista social e integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Nesa mesma xornada, despois de xantar, tiveron unha nova saída de campo, desta vez para coñecer tres explotacións de horta ecolóxica e as tres mulleres que as rexentan no municipio de Rois.

 Hoxe, 2 de xuño, a actividade desenvolverase integramente a pé de explotación no centro e norte da provincia da Coruña, con visitas a labregas de Ordes, Miño, Irixoa e Teixeiro. Neste último concello comezará a xornada do 3 de xuño nunha explotación láctea e unha queixería; para partir, xa pola tarde, á Mariña lucense, onde terá lugar o final desta experiencia ao día seguinte, 4 de xuño. Nesa data, visitarase o mercado de Ribadeo e unha explotacións hortícola con obradoiro de conservas en Mondoñedo e, xa en horario vespertino, dúas explotacións laurentinas, unha de horta ecolóxica e outra de leite e faba de Lourenzá.