A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Secretaría da muller>
  4. 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres. Comunicado de SLG e Vía Campesina

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres. Comunicado de SLG e Vía Campesina

25 de Novembro do 2014

Globos

Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres, o Sindicato Labrego Galego e a Vía Campesina denunciamos a violencia estrutural que as mulleres afrontan de xeito cotián e que vén sendo sistematicamente silenciada, naturalizada e invisibilizada pola sociedade capitalista e patriarcal.

En 2008, na súa 5ª Conferencia, a Vía Campesina lanzou a Campaña Mundial “Basta de Violencia contra as Mulleres”, como un chamado urxente que buscaba provocar unha mudanza social, cultural e política, nas aldeas, nas comunidades e nas organizacións, e que tamén desafía a sociedade como un todo a construír unha nova cultura para superar relacións de desigualdade entre homes e mulleres.
A violencia e a opresión contra as mulleres vén de sociedades pre-capitalistas. Porén, foi no capitalismo onde a violencia política, económica, física e psicolóxica se agudizou. Hoxe, a violencia contra as mulleres pasa por todas as clases sociais, xeracións e orientacións sexuais, e é vivida por mulleres tanto nas cidades como no campo.
Para a Vía Campesina, a violencia sufrida polas mulleres no mundo rural hoxe relaciónase directamente co agronegocio e o modo de produción capitalista, que explota e espolia as labregas, que historicamente son aquelas que garanten a Soberanía Alimentaria dos Pobos e que son as gardas dos saberes ancestrais, tanto no que se refire á produción de alimentos, como á conservación da biodiversidade.
O agronegocio é a estratexia do capital patriarcal no campo e descoñece o papel fundamental das mulleres na agricultura labrega. As políticas de axustes neoliberais está a espallar as condicións de opresión e discriminación, así como o aumento das situacións de violencia contra as mulleres no campo.
Hoxe, 25 de novembro, convocamos a tódalas mulleres do mundo a un día de mobilización e denuncia, desafiándonos a afondar nos xeitos de resistencia e de loita para romper definitivamente co silencio imposto pola hipocrisía capitalista e patriarcal, co obxectivo de solidificar novas relacións humanas.
O noso proxecto político como Vía Campesina é o de construír unha nova visión de sociedade, baseada en principios de respecto, igualdade, xustiza, solidariedade, paz e liberdade, que están relacionadas coa loita pola terra, pola auga, polas sementes, pola reforma agraria integral, por unha Soberanía Alimentaria con xustiza de xénero e pola dignidade da poboación no campo.
SEMENTADORAS DE LOITAS E ESPERANZAS,
POLO FEMINISMO E POLA SOBERANÍA ALIMENTARIA!

Porto 1

Porto 1

Porto 2