A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Secretaría da muller>
  4. A Secretaría das Mulleres apoia as mobilizacións da Marcha Mundial en condena polos últimos asasinatos machistas

A Secretaría das Mulleres apoia as mobilizacións da Marcha Mundial en condena polos últimos asasinatos machistas

20 de Decembro do 2016

Concentracións MMM

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego apoiará as concetracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas sete cidades galegas, mañá 20 de decembro, en repulsa polos tres asasinatos de mulleres nos últimos días en Vigo, Compostela e La Pobla del Mafumet (Tarragona) a mans dos seus compañeiros ou ex-compañeiros sentimentais.

Hoxe máis que nunca é necesaria unha resposta contundente da sociedade para esixir, máis alá dos minutos de silencio e das homenaxes, a implicación sen fendas dos poderes públicos para combater esta lacra cos medios humanos, materiais e normativos necesarios. E se para iso cómpre botarse á rúa as veces que sexan necesarias, dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego ímolo facer.

Concentracións MMM