A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Secretaría da muller>
  4. “Labregas polos nosos dereitos”

“Labregas polos nosos dereitos”

23 de Abril do 2010

labrega

Ás 11:30hrs do vindeiro luns 26 de abril, Lidia Senra - Secretaria de Organización do SLG e membra da Comisión Internacional de Mulleres da Vía Campesina- e Isabel Vilalba -Responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG- presentarán na Galiza a realización do Seminario Internacional “Labregas polos nosos dereitos” que vai ter lugar en Cáceres do 27 ao 29 de abril.

A partir do traballo realizado neste foro elaboraranse as propostas a transmitir ás institucións europeas e aos diferentes gobernos para que nunca máis unha labrega que desenvolva o seu traballo no marco da explotación familiar teña que recurrir a os tribunais para reclamar os seus dereitos como traballadora.

 


A rolda será no CENTRO ON de Santiago de Compostela, na R/Nova nº33