A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Secretaría da muller>
  4. Labregas polos nosos dereitos

Labregas polos nosos dereitos

26 de Abril do 2010

Lídia Senra e Isabel Vilalba

A Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra, e a Responsábel da Secretaría das Mulleres, Isabel Vilalba, anunciaron na mañá de hoxe a participación do Sindicato Labrego Galego no seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos”.

mulleres

Lídia Senra, Secretaria de Organización, e Isabel Vilalba, Responsábel da Secretaría das Mulleres.

 

A Confederación de Mulleres do Medio Rural, CERES, en colaboración coa área de mulleres da Coordinadora de Organizaciones Agrarias y Ganaderas (COAG), coas mulleres de COAG de Extremadura e coa Coordinadora Europea Vía Campesina (CEVC), organiza o Seminario "Labregas polos nosos dereitos", que terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril no Hotel AHC de Cáceres [Axuntamos o programa].

 

Con este seminario pretendemos seguir afondando na análise e na posta en común da situación de inseguridade en canto a dereitos no marco da explotación familiar que viven moitas mulleres labregas en Europa; así como seguir avanzando no intercambio e coñecemento da situación das labregas en diferentes países de Europa, a través dos relatorios que van presentar as representantes das organizacións presentes.

As conclusións obtidas serán a base para a elaboración de novas propostas para enviar ás institucións europeas e aos diferentes gobernos para que, dunha vez por todas, escoiten as voces das mulleres labregas de Europa e sexan postas en marcha as medidas políticas que recoñezan os nosos dereitos como labregas.

É hora de que as administracións modifiquen as leis que sexa necesario para que nunca máis ningunha labrega que desenvolve o seu traballo no marco da explotación familiar teña que recorrer aos tribunais para reclamar os seus dereitos como traballadora.

Neste seminario, ademais das labregas do Sindicato Labrego Galego, participarán mulleres das organizacións campesiñas Confédération Paysanne de Francia, Norsk Bonde - og Smabrukarlag (NBS) de Noruega, Österreichische Bergbauern und Bergbäuerinnen Vereinigung (ÖBV-Vía Campesina) de Austria, Confederaçao Nacional da Agricultura (CNA) de Portugal, Coordinadora Europea Via Campesina (CEVC), Çiftçi-sen de Turquía, Euskal Herriko Nekazarien Elkartasuna de Euskadi, COAG de Andalucía, AGIM de Madrid, COAG de Castilla-Leon, Unión de Agricultores y Ganaderos (UAGA) de Aragón, Unión de Ganaderos y Agricultores Montañeses (UGAM) de Cantabria, COAG de Asturias, COAG de Extremadura e da Asociación de mulleres Ceres.

 

Arquivo para descarregar; programa do seminario

Ficheiro adxunto