A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Secretaría da muller>
  4. Declaración LABREGA de Cáceres

Declaración LABREGA de Cáceres

29 de Abril do 2010

Nosoutras traballamos, Nosoutras producimos, Nosoutras decidimos

NOSOUTRAS,  labregas chegadas de diferentes países de Europa,  reunidas en Cáceres durante o seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos” durante os días 27, 28 e 29 de abril, queremos lembrar ás administracións públicas QUE AS LABREGAS ESTAMOS EIQUÍ, e que como labregas desempeñamos un papel crave na produción de alimentos na Europa e tamén no desenvolvemento e na vida dos nosos pobos.

NOSOUTRAS,  labregas chegadas de diferentes países de Europa,  reunidas en Cáceres durante o seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos” durante os días 27, 28 e 29 de abril, cansas da invisibilización á que frecuentemente nos someten as propias administracións a través, entre outras, das políticas agrarias e de desenvolvemento rural, e logo de comprobarmos que durante o foro oficial organizado pola Presidencia Española da Unión  Europea -celebrado tamén estes mesmos días en Cáceres- que todo o mundo falou de nós sen darnos voz, queremos lembrar ás administracións públicas QUE AS LABREGAS ESTAMOS EIQUÍ, e que como labregas desempeñamos un papel crave na produción de alimentos na Europa e tamén no desenvolvemento e na vida dos nosos pobos.

    Estamos fartas da invisibilización á que nos someten as actuais políticas agrarias, que consideran ás mulleres que desenvolvemos a nosa actividade nas explotacións agrarias familiares coma outra “propiedade” do titular da explotación,  negándonos así os nosos dereitos a ter ingresos propios e á titularidade da explotación, aínda cando co noso traballo contribuímos a xeralos e a mantelos na mesma medida que os nosos compañeiros.
    Non estamos dispostas a seguir aguantando a exclusión de miles de campesiñas da Seguridade Social, xa sexa por razóns económicas -tamaño da explotación-, culturais ou burocráticas. 

    Enfrontándonos a esta situación, e diante do debate que nestes momentos está a iniciarse sobre a reforna da Política Agraria Común (PAC 2013), reclamamos da Presidencia Española da Unión Europea e das institucións comunitarias:

1. Que se recoñeza a titularidade compartida ao 50% dende a PAC, desenvolvendo un estatuto xurídico que garanta ás labregss tanto os ingresos económicos  como todos os demais dereitos que leva a titularidade  da explotación.

2. Eliminar a esixencia dun mínimo, tanto de superficie produtiva como de ingresos, para o acceso á actividade agraria, xa que este condicionante discrimina ás pequenas explotacións, sendo estas as que están fundamentalmente en mans das mulleres.

3. Que a formación agraria transmitida, tanto nas escolas agrícolas como noutros ámbitos, incorpore a igualdade de xénero como materia a impartir, contando con persoas formadas neste ámbito para realizaren o seu labor docente.

4. A aplicación de medidas de accción positiva até conseguir a plena igualdade das mulleres.

5. A garantía, por lei, da  participación das mulleres campesiñas na toma de decisións, facendo obrigatorio o cumprimento das leis de paridade por parte das organizacións agrarias.

6. O compromiso explícito, por parte das institucións europeas, de que non haberá impactos negativos para as campesiñas na elaboración dos orzamentos para a PAC.

7.Que as políticas de igualdade sexan transversais, para que a igualdade sexa un punto crave a considerar  no momento de definir a PAC e o desenvolvemento rural.

 

NOSOUTRAS TRABALLAMOS, NOSOUTRAS PRODUCIMOS, NOSOUTRAS DECIDIMOS

declaración Labregas de Cáceres   

29 de abril de 2010, Seminario europeo “Campesinas por nuestros derechos”

 

 

 

 

"As mulleres labregas reunidas en Cáceres queremos amosar a nosa máis fonda repulsa polo novo asasinato dunha muller a mans dun home, que desgraciadamente tivo lugar no día de onte en Cáceres. Da nosa raiba e dor por este crime tiraremos as forzas para seguir loitando polos dereitos de todas as mulleres e para erradicar a violencia machista."

Ficheiro adxunto