A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Secretaría da muller: 2006

  1. Isa MM

    A Secretaría das Mulleres participou no Día Internacional contra a violencia de xénero

    30 de Decembro do 2006 · 

    O SLG apoiou a concentración organizada pola Marcha Mundial das Mulleres en Compostela este 25 de novembro

  2. Logo da Vía Campesina

    Congreso Mundial das mulleres da VÍA CAMPESINA

    1 de Novembro do 2006 · 

    A Vía Campesina elixiu Santiago de Compostela para celebrar un Congreso Mundial de Mulleres entre os días 18 e 21 de outubro, e tendo como organización anfitrioa ao Sindicato Labrego Galego e, en particular, á súa secretaría das mulleres. Xa confirmaron a asistencia a este evento labregas e representantes de organizacións agrarias de Corea, Filipinas, Vietnam, Yakarta, India, Alemaña, Portugal, Francia, Noruega, Suecia, Austria, Suíza, Holanda, República Dominicana, Ecuador, Nicaragua, Honduras, Bolivia, Brasil, Estados Unidos, Mali, Madagascar, Senegal, Sudáfrica, Mozambique; amais de xente procedente de diversos puntos do Estado español. Nos días que quedan de aquí ao Congreso incorporaranse máis países.

  3. Non hai imaxe

    Comeza en Compostela o Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina coa intención de avanzar na igualdade real das labregas nas organizacións agrarias e no mundo

    1 de Novembro do 2006 · 

    O Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina comezou a súa andaina o 18 de outubro cun obxectivo claro: avanzar na igualdade real das labregas, tanto nas organizacións agrarias coma nos diversos países e organismos internacionais. Así o deu a entender na cerimonia inaugural a responsábel da Comisión Internacional de Xénero da Vía Campesina, a dominicana Juana Ferrer, quen declarou que “aínda persisten limitacións que frean a participación e a toma de decisións das mulleres labregas, tanto no seo da Vía Campesina como noutros espazos de loita e resistencia”.


  4. Non hai imaxe

    Segunda xornada do Congreso Mundias das mulleres da Vía Campesina

    1 de Novembro do 2006 · 

    As relatoras do Congreso Mundial de Mulleres Labregas destacan á Vía Campesina como o marco de creación dun novo modelo de feminismo

  5. Non hai imaxe

    O Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina acorda levar á práctica unha campaña internacional contra a violencia de xénero

    1 de Novembro do 2006 · 

    Trátase dun compromiso adoptado no Encontro Internacional de Dereitos Humanos e Igualdade de Xénero celebrado o ano pasado en República Dominicana

  6. Non hai imaxe

    O Congreso de Mulleres da Vía Campesina remata co compromiso dunha campaña internacional a prol dos dereitos das labregas e contra a violencia de xénero

    1 de Novembro do 2006 · 

    O Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina rematou hoxe, 21 de outubro, tras catro días de diálogo, reflexión e debates en torno a algunha das cuestións e problemáticas que afectan de cheo ás labregas de todo o mundo. Se houbera que mencionar unha conclusión unánime na que coincidiron todas as participantes, é que a desigualdade que sofren as mulleres labregas, sexa cal sexa a súa forma, é un problema común con independencia do país no que residan. E outro tanto se pode dicir das diversas formas de violencia que padecen.