A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Secretaría da muller: 2009

  1. mulheres contra a violencia

    As mulleres da comarca de ordes levántanse contra a violencia, nas Encrobas

    24 de Novembro do 2009 · 

    O SINDICATO LABREGO GALEGO da Comarca de Ordes, organiza a súa V Festa das Mulleres o vindeiro 25 de Novembro do 2009, día Internacional contra a Violencia de Xénero. Actualizada.

  2. As mulheres d´As Encrobas

    O SLG érguese contra a violencia de xénero

    24 de Novembro do 2009 · 

    Mañá, Día internacional contra a violencia que afecta ás mulleres participaremos na  xeira de mobilizacións reivindicativas convocada en todo o mundo coa celebración da V Festa das Mulleres* na comarca de Ordes, acto co que daremos valor ao feito en si de xuntármonos as mulleres, aproveitando ademais esta quinta edición para recoñecer o papel das mulleres na histórica loita labrega d´As Encrobas no ano 1977, coa súa participación nunha palestra que terá lugar ás 13:30hrs.

  3. ECVC

    RdP-ECVC: Situación das mulleres labregas en Europa

    3 de Novembro do 2009 · 

    No marco do Encontro de mulleres da Coordenadora Europea Vía Campesina que o Sindicato Labrego Galego está a celebrar en Betanzos , darase conta, en rolda de prensa, da análise realizada ao respeito da situación das labregas en Europa así coma da Campaña internacional contra a violencia sobre as mulleres que vai ser levada adiante pola Vía Campesina Inernacional.

  4. labrega

    Encontro de Mulleres da Coordenadora Europea Vía Campesina

    2 de Novembro do 2009 · 

    En Betanzos, 3 e 4 de novembro. Durante dous días, labregas da Galiza analizarán canda labregas do resto de Europa a situación que atravesamos a nivel profesional, abordando  aspectos coma os últimos cambios da Política Agraria Común (PAC) ou o papel das mulleres labregas no desenvolvemento rural. Durante este encontro prestarase especial atención e esforzo en desenrolar unha campaña de implantación internacional para frear a violencia da que as mulleres somos vítimas en todo o mundo, independentemente da nosa orixe xeográfica  ou clase social.

  5. Representantes da Secretaría das Mulleres do SLG e a representante da Secretaría Xeral de Igualdade

    Valoración da reunión mantida hoxe entre a Secretaría das Mulleres do SLG e a Secretaría Xeral de Igualdade

    2 de Xullo do 2009 · 

    Na mañá de hoxe, Isabel Vilalba Seivane (Responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG e Secretaria de Servizos ao Rural e Soberanía Alimentar) e Ana Eiras Regueira, (coordenadora técnica da Secretaría das Mulleres do SLG) mantiveron unha primeira entrevista con Marta González Vázquez, responsábel da Secretaría Xeral da Igualdade.

  6. logo secretaría das mulleres do SLG

    Primeiro encontro da Secretaría das Mulleres do SLG coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta da Galiza

    1 de Xullo do 2009 · 

    Isabel Vilalba (Responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG e Secretaria de Servizos ao Rural e Soberanía Alimentar) e Ana Eiras, (coordenadora técnica da Secretaría das Mulleres do SLG) manterán mañá (xoves 2) un primeiro encontro con Marta González Vázquez, responsábel da Secretaría Xeral da Igualdade.

  7. Secretaría das Mulleres do SLG

    Encontro anual da Secretaría das Mulleres Pontedeume, 6, 7 e 8 de marzo de 2009

    6 de Marzo do 2009 · 

    Ás 18:00 dará comezo o Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do SLG! Máis de 150 labregas intercambiarán experiencias dende hoxe até o vindeiro domingo en Pontedeume. Charlas informativas, excursións e  espazos de reflexión son algunhas das múltiples actividades deseñadas para esta edición.

  8. Rolda de Prensa do SLG

    Luns 9, ás 12:00 - ROLDA DE PRENSA: O Real Decreto de Titularidade Compartida

    9 de Febreiro do 2009 · 

    O Consello de Estado concorda co SLG en que o Real Decreto de Titularidade Compartida só crea un rexistro administrativo e non garante a participación das mulleres en termos de igualdade.

  9. Titularidade compartida

    O SLG esixe que se efectúen xa os cambios normativos necesarios para conseguir a titularidade compartida real nas explotacións agrarias e gandeiras

    9 de Febreiro do 2009 · 

    O Consello de Estado vén de sinalar que o Real Decreto de Titularidade Compartida non é a norma axeitada para cumprir aos mandatos da Lei 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes nin da Lei 45/2007 para o desenvolvemento sostible do medio rural.

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces, denunciou hoxe en Santiago as imprecisións e limitacións do Proxecto de Real Decreto de Titularidade Compartida, facendo referencia ao contido do informe do Consello de Estado onde se indica que proxecto carece do rango normativo axeitado para buscar a cotitularidade real, tal e como se recollía nas alegacións presentadas polo Sindicato Labrego Galego ao mesmo.