A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Secretaría da muller: 2011

  1. Secretaría das Mulleres do SLG

    25 de novembro: A indiferencia pode ser unha arma letal

    25 de Novembro do 2011 · 

    Neste 25 de novembro, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego fai un chamamento ás administracións públicas e á sociedade no seu conxunto para rematar coa maior lacra social que temos na actualidade. Case 70 mulleres e 14 persoas relacionadas con elas foron asasinadas neste 2011. Cómpre facermos entre todas e todos unha reflexión profunda para recoñecer a barbarie que significan máis de 80 mortes violentas por esta causa.

  2. Secretaría das Mulleres

    A Secretaría das Mulleres do SLG considera imprescindible a implicación das Administracións na aplicación da Lei de Titularidade Compartida

    24 de Septembro do 2011 · 

    Para a Secretaría das Mulleres do SLG é un feito histórico que o Congreso aprobase, o 22 de setembro, a Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións. Esta era unha reivindicación fundamental pola que leva loitando moitos anos a Secretaría das Mulleres e é un paso importantísimo de cara a acadar a igualdade real nas explotacións e na actividade agraria.

  3. Isabel Vilalba na Delegación do Goberno

    A Secretaría das Mulleres do SLG pide que non sexa necesario o permiso do cónxuxe para que as labregas poidan ser titulares

    14 de Abril do 2011 · 

    A responsábel da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, entregou, o 14 de abril, na Delegación do Goberno na Coruña, un documento con alegacións ao anteproxecto de Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións.


  4. Isabel Vilalba

    As mulleres do SLG apoian a Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións e mobilizaranse se non vai para adiante

    27 de Marzo do 2011 · 

    O VIII Encontro de Mulleres do SLG, celebrado en Couso (Sarreaus) do 25 ao 27 de marzo, rematou co compromiso das participantes de defender a Lei de Titularidade Compartida nas Explotacíóns, que se presentou ao Consello de Ministros do pasado venres (25 de marzo). As mulleres do SLG valoraron positivamente o anteproxecto de lei presentado a semana pasada, pois é un primeiro paso importante de cara a rematar coa discriminación que sofren miles labregas que, a pesares de traballar nas súas propias explotacións familiares, non poden ser titulares das mesmas por estar a titularidade a nome dos seus cónxuxes. Neste senso, as mulleres participantes non encontro de Sarreaus decidiron que non aceptarán ningún recorte no texto legal que presentou o Ministerio de Medio Rural e que están dispostas a mobilizarse se este non vai para adiante ou se baleiran de contido a lei que se aprobe finalmente.

  5. Manifestación

    Máis de duascentas mulleres do SLG manifestáronse en Ourense contra a violencia económica provocada pola reforma das pensións

    26 de Marzo do 2011 · 

    Unhas duascentas mulleres do Sindicato Labrego Galego achegáronse até Ourense, o 26 de marzo, para manifestarse diante da subdelegación do Goberno e protestar contra unha reforma das pensións especialmente lesiva para as labregas. Tras unha pancarta con slogans como “Non máis invisibilidade”, “Por unha Seguridade Social asequíbel” ou “Pensións dignas para todas”, e berrando consignas como “Labregas somos, labregas seremos, pola igualdade sempre loitaremos”, a manifestación discorreu dende a Alameda, pola avenida de Pontevedra, Lamas Carvajal e rúa do Paseo até chegar ao parque San Lázaro.

  6. Isabel Vilalba

    A Secretaría das Mulleres do SLG fixará no seu encontro de Sarreaus a posición diante do anteproxecto da Lei de Titularidade Compartida nas explotacións

    25 de Marzo do 2011 · 

    A responsábel da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, ofreceu hoxe, 24 de marzo, unha rolda de prensa para presentar o programa do VIII Encontro de Mulleres do SLG, que se celebrará do 25 ao 27 de marzo na aldea de Couso (Sarreaus) e, de paso, anunciar a manifestación que terá lugar este sábado, 26 de marzo, na cidade de Ourense. Esta mobilización, que comezará ás 12:00 horas na Alameda e discorrerá até a subdelegación do Goberno no parque San Lázaro, ten por obxectivo protestar contra a reforma das pensións levada a cabo polo Goberno Central, xa que terá un especial impacto no colectivo de mulleres labregas.

  7. Isabel Vilalba no MARM

    A Secretaría das Mulleres do SLG congratúlase pola nova lei que recoñecerá a titularidade compartida nas explotacións

    22 de Marzo do 2011 · 

    A responsábel da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou hoxe, 22 de marzo, nun encontro celebrado no Ministerio de Medio Rural (MARM) no que se presentou o borrador da futura Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións. Por parte do MARM, estiveron na reunión o secretario xeral de Medio Rural, Eduardo Tamarit; a secretaria xeral técnica, Alicia Camacho; a subdirectora xeral de Igualdade e Modernización, Paloma López Izquierdo; e o subdirector xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, Jesús Casas.

  8. Fouces mulleres

    A Secretaría das Mulleres do SLG denuncia o impacto da reforma das pensións nas labregas e o atraso en solucionar o problema da cotitularidade

    8 de Marzo do 2011 · 

    Neste 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego ten que denunciar, unha vez máis, o forte impacto que ten e terá a reforma das pensións nas labregas e que, a día de hoxe, estas sigan a padecer unha flagrante discriminación á hora de poder ser titulares das explotacións nas que traballan.