A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Secretaría da muller: 2012

  1. Ecofeminismo

    Varios colectivos organizan en Compostela un encontro para a reflexión do ecofeminismo en Galicia

    29 de Novembro do 2012 · 

    Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro de 2012 terá lugar en Compostela un encontro para a reflexión sobre o ecofeminismo en Galicia. A iniciativa parte do interese de diferentes colectivos feministas, ecoloxistas e labregos —Verdegaia, Sindicato Labrego Galego, Rede Feminista Galega, Feminismos Compostela e Fiadeiras— por organizar unhas xornadas que permitan analizar as potencialidades que teñen estes movementos de traballar en conxunto. 

  2. Labregas sementando futuro

    25 de novembro: Que a crise non xustifique ningún paso atrás nos dereitos das mulleres

    23 de Novembro do 2012 · 

    Neste 25 de novembro, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego fai un chamamento ás administracións públicas e á sociedade no seu conxunto para rematar coa maior lacra social que temos na actualidade: Xa foron asasinadas 72 mulleres no ano 2012.

  3. Pancarta

    As labregas do SLG elixen responsable da Secretaría das Mulleres e deciden apoiar a Folga Xeral do 14 de novembro

    28 de Outubro do 2012 · 

    Despois de tres días de intenso traballo, o IX Encontro Anual de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, que desta vez se celebrou en Teo, chegou á súa fin. Nesta última xornada elixiuse a unha gandeira de Teixeiro, María Ferreiro, como nova responsable da Secretaría das Mulleres do SLG. María Ferreiro substitúe nesta responsabilidade a Isabel Vilalba Seivane, que na actualidade é a secretaria xeral da organización agraria.

  4. Labregas

    O encontro da Secretaría das Mulleres do SLG constata o empobrecemento das persoas e familias que viven do agro

    27 de Outubro do 2012 · 

    O impacto da crise na cidadanía, pero especialmente nas mulleres e no colectivo das labregas, centrou boa parte dos debates do Encontro Anual que a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego está a celebrar na Casa Común de Oza (Teo). Mais este traballo de análise compaxinouse con actividades de campo, como a visita que fixeron as participantes, na mañá do sábado, ao mercado de alimentos labregos dos Tilos. A saída serviu para celebrar unha xuntanza con algunhas das labregas que promoven este mercado, e constatar que se trata dunha interesante iniciativa que posibilita o contacto directo entre as persoas que producen e as que consumen, con múltiples beneficios para ambas partes.

  5. Isabel Vilalba

    A responsable da Secretaría das Mulleres do SLG pide en Bruxelas políticas igualitarias para as mulleres do rural

    11 de Xuño do 2012 · 

    A responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, e membro da Dirección da Coodinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), Isabel Vilalba, participou hoxe, 11 de xuño, en Bruxelas, no Grupo Consultivo de Mulleres do Medio Rural da Comisión Europea.

  6. Mulleres polos nosos dereitos

    As mulleres do SLG culminan coa manifestación de Compostela unha semana de actos ao redor do 8 de marzo

    12 de Marzo do 2012 · 

    Medio cento de mulleres do Sindicato Labrego Galego acudiron a Compostela, o 11 de marzo, para apoiar a manifestación con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. Previamente, houbo un bo feixe de actos en varias comarcas -como Lugo, Betanzos ou Vilalba- para achegar a toda a cidadanía as demandas desta campaña reivindicativa baixo o lema de Mulleres galegas: en loita polos nosos dereitos! De seguido, unha selección de imaxes das actividades levadas a cabo en Betanzos e Vilalba, seguidas da manifestación en Compostela.

  7. Rolda de prensa mulleres

    11 de marzo: Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!

    16 de Febreiro do 2012 · 

    Neste contexto de crise capitalista, todos os gobernos nos lanzan a mesma mensaxe: fannos responsables dela e demándannos austeridade, sacrificio e resignación, en canto destinan axudas millonarias para garantir os intereses e privilexios da banca, grandes empresas e fortunas, monarquía, exército ou igrexa católica.