A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Secretaría da muller: 2014

  1. Globos

    25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres. Comunicado de SLG e Vía Campesina

    25 de Novembro do 2014 · 

    Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres, o Sindicato Labrego Galego e a Vía Campesina denunciamos a violencia estrutural que as mulleres afrontan de xeito cotián e que vén sendo sistematicamente silenciada, naturalizada e invisibilizada pola sociedade capitalista e patriarcal.

  2. En Feitoría Verde

    Un grupo de labregas vascas na Galiza para coñecer a agricultura desenvolvida por mulleres no noso país

    2 de Xuño do 2014 · 

    Un grupo de cinco labregas vascas da organización agraria EHNE-Bizkaia chegou a Galiza o pasado venres, 30 de maio, para coñecer de primeira man explotacións rexentadas por mulleres en diversos concellos do país como Teo, Vedra, Rois, Ordes, Miño, Irixoa, Teixeiro, Vilasantar, Ribadeo, Lourenzá ou Mondoñedo. Esta visita encádrase dentro do proxecto "De Iacarta 2013 a Euskal Herria 2017: Construíndo soberanía Alimentaria en Euskal Herria", acción financiada pola Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento.

  3. X Encontro nos Ancares

    As labregas do SLG analizan a actividade do CDR dos Ancares para paliar o illamento das mulleres de Cervantes

    29 de Marzo do 2014 · 

    O X Encontro de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, que se está a celebrar nos Ancares, entre o 28 e o 30 de marzo, xa chegou ao seu ecuador. Entre o venres e a mañá do sábado, o medio cento de asistentes xa debateron e analizaron, coa participación de expertas como Nanina Santos ou Celia Balboa, cuestións como a aplicación do feminismo no día a día das labregas, o recorte de dereitos que supón a Lei do Aborto impulsada polo Partido Popular, ou o impacto que terá na vida diaria das mulleres que viven no rural a reforma da Lei de Réxime Local.

  4. Encontro Mulleres en Ourense

    O X Encontro de Mulleres do SLG tocará temas como a Lei do Aborto ou o impacto dos recortes nas labregas

    28 de Marzo do 2014 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego desenvolverá, durante esta fin de semana, o seu décimo Encontro Anual que, desta vez, terá lugar no municipio lucense de Cervantes, nos Ancares. Así, entre os días 28 e 30 de marzo, un cento de labregas farán obradoiros e debaterán sobre diversas cuestións no Centro de Desenvolvemento Rural de San Román, combinando isto con varias saídas de campo.

  5. Cabeceira da manifestación

    Miles de persoas esíxenlle ao PP en Compostela que non suprima o dereito das mulleres a abortar

    10 de Marzo do 2014 · 

    Un día despois do Día Internacional das Mulleres, o 9 de marzo, a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto celebrou unha multitudinaria manifestación que encheu a compostelá Praza da Quintana. Dende a Secretaría das Mulleres do SLG, e como parte integrante da plataforma, compartimos con vós a lectura do manifesto co que rematou esta manifestación e que gravou o xornalista de Praza Pública, Marcos Pérez Pena. Se queres ver algunhas instantáneas da manifestación, podes facelo nesta galería.

  6. Contra a lei gallardon

    As labregas rebelámonos contra os recortes de orzamentos e dereitos que nos abocan a ser as parias desta sociedade

    7 de Marzo do 2014 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, e con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, queremos unirnos neste 2014 a tódalas organizacións e colectivos que están a sumar os seus esforzos para facerlle fronte ás constantes agresións que, dende os poderes públicos, se están a perpetrar sobre os nosos dereitos como mulleres.