A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Secretaría da muller: 2016

  1. 8M: Políticas agrarias con perspectiva feministas para alcanzar a Soberanía Alimentaria!

    Logo Secretaría das Mulleres 8 de Marzo do 2024 · 

    Persiste a discriminación das labregas nas políticas agrarias, así como a invisibilización dos seus aportes á alimentación. Percibimos menos axudas públicas, somos minoría na titularidade das granxas e minimízanse os nosos aportes nas estatísticas

  2. Segunda xornada do XVIII Encontro anual da Secretaría das Mulleres do SLG

    segundaxornada 6 de Marzo do 2024 · 

    Compañeiras aliadas nas loitas feministas en distintos eidos poñen en valor os aportes da Secretaría das Mulleres do SLG. Homenaxe a Lola Ferreiro, xantar compartido e visita ao proxecto dunha adegueira da comarca poñen fin a este vinte aniversario

  3. Primeira xornada do XVIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

    XVIIIENCONTROSECRETARÍADASMULLERES 2 de Marzo do 2024 · 

    A titularidade compartida das granxas, unha das loitas pioneiras do Sindicato Labrego, liderada polas mulleres da organización. Cada unha de nós somos o Sindicato”. “Feminismos, agroecoloxía e soberanía alimentaria deben ir unidas”

  4. O encontro anual da Secretaría das Mulleres do SLG celebra o seu vixésimo aniversario (2004-2024)

    Cartaz XVIIIEncontroSecretaría 29 de Febreiro do 2024 · 

    O XVIII Encontro anual reunirá case un cento de labregas este sábado 2 e domingo 3 no Espazo Vilaseco de Chantada. Homenaxe a Lola Ferreiro, intercambio de sementes, cata de queixos e visita a proxectos vitivinícolas, entre as actividades

  5. Fronte ás violencias machistas: empoderamento, sororidade e solidariedade internacional

    Toques27n 24 de Novembro do 2023 · 

    Xornada de loita feminista colectiva arredor dos dereitos das mulleres labregas o luns 27 na Aula da Natureza de Toques. Este 25N dende o SLG-CCLL denunciamos a violencia do Estado de Israel contra as mulleres palestinas como estratexia militar

  6. Encontro Estatal “Labregas participando para transformar as políticas públicas”

    CERES 23 de Outubro do 2023 · 

    O SLG-CCLL participa no encontro que terá lugar dende mañá, martes 24, e durante a xornada do mércores 25 en Compsotela. O programa inclúe visitas a granxas xestionadas por mulleres da comarca e representación do Ministerio do Reto Demográfico

  7. Un cento de labregas participan no XVII Encontro da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

    XVIIEncontroSecretaríaDAsMulleres 18 de Marzo do 2023 · 

    O evento, centrado en identificar as violencias machistas, ten lugar hoxe e mañá no Centro Sociocultural A Senra de Bergondo. A primeira xornada abordou as múltiples violencias cotiás que afectan ás labregas no eido laboral, educativo e da saúde

  8. XVII Encontro da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

    XVIIEncontroMulleresSLG 16 de Marzo do 2023 · 

    Este ano terá lugar o sábado 18 e o domingo 19 de marzo en Bergondo, centrarase na identificación das violencias machistas. Arredor dun cento de mulleres labregas participarán nas actividades formativas, palestras e espazos de convivio

  9. O SLG participa e coordina a I Escola Feminista de La Vía Campesina en Maputo (Mozambique)

    lvc_070323 7 de Marzo do 2023 · 

    A gandeira de Xunqueira de Ambía e integrante do CC da CEVC, Sonia Vidal, é unha das responsábeis político-pedagóxicas. Do 7 ao 14 de marzo a coordenadora internacional LVC reune en África 70 representantes de 39 países das súas rexións membro

  10. 8M: En pé de loita na defensa da Vida, unidas fronte as violencias

    secretaríadasmullersslg 7 de Marzo do 2023 · 

    O Sindicato Labrego participará nas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres en todo o territorio galego. O encontro anual da Secretaría das Mulleres do SLG, o 18 e 19 de marzo en Bergondo, centrarase na identificación das violencias

  11. Rematar coa violencia contra as mulleres. Poñer a vida e os coidados no centro das políticas públicas

    Mobilizacións25N 24 de Novembro do 2022 · 

    O SLG-CCLL participará mañá nas mobilizacións convocadas en toda Galiza con motivo do Día contra a violencia  machista. Instamos ás administracións a reformular estratexias para pór fin tanto á violencia directa como estrutural contra as mulleres

  12. Salarios e condicións de traballo digno para as traballadoras de atención a persoas dependentes no fogar!!

    SAF_Vilalba 11 de Novembro do 2022 · 

    Dobre afección das mulleres rurais: como traballadoras e como usuarias, prexudicadas pola precariedade deste servizo público. Demandamos o fin da externalización da atención á dependencia e a súa incorporación a unha rede pública de coidados

  13. Convocatorias 8M

    Convocatorias 8M 7 de Marzo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas estará presente nas mobilizacións e distintas accións convocadas mañá 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller.

     

    Nin escravas, nin heroínas...mulleres con dereitos xa!

  14. 8M: Xuntas, fortes, en pé de loita na defensa da Vida

    8M2022 7 de Marzo do 2022 · 

    Chamamos á unidade dos feminismos, a pór en valor a nosa diversidade e a refortalecernos loitando nos espazos comúns. Esiximos o fin da normalización do empobrecemento social masivo como resposta política a medida do capitalismo neoliberal

  15. 25N: Unindo forzas para visibilizar e esixir medidas para rematar ca lacra da violencia machista

    25N21- 24 de Novembro do 2021 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e o movemento labrego internacional La Vía Campesina (LVC), neste día 25 de Novembro, Xornada Mundial pola eliminación da violencia contra as mulleres, animamos a seguir unindo forzas e loitando por sociedades conscientes e ceibes, sen explotación das mulleres e da natureza. Do mesmo xeito, denunciamos o sistema capitalista, heteropatriarcal, racista e colonizador que explota, oprime e atenta contra a vida das mulleres e da humanidade.

  16. Comunicado a raíz da retirada a unha muller da custodia do seu fillo por vivir no que a xuíza considera a Galiza “profunda”

    Custodia 25 de Outubro do 2021 · 

    Canda a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores AGAMME e outras organizacións sociais do país emitimos un comunicado conxunto para solicitar a acción institucional fronte a unha sentenza de custodia que discrimina  a unha nai que vive no rural galego.

  17. Xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía

    sectmull1out 4 de Outubro do 2021 · 

    O venres 1 de outubro tivemos xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía. Analizamos cuestións como as dificutades e vantaxes de ter un proxecto no rural como mulleres labregas.

  1. Concentracións MMM

    A Secretaría das Mulleres apoia as mobilizacións da Marcha Mundial en condena polos últimos asasinatos machistas

    20 de Decembro do 2016 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego apoiará as concetracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas sete cidades galegas, mañá 20 de decembro, en repulsa polos tres asasinatos de mulleres nos últimos días en Vigo, Compostela e La Pobla del Mafumet (Tarragona) a mans dos seus compañeiros ou ex-compañeiros sentimentais.

  2. Xornadas contra as violencias

    Un centenar de labregas reflexiona sobre as violencias machistas e denuncian o agravamento da lacra no rural

    26 de Novembro do 2016 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego estivo celebrando durante o día de hoxe, 26 de novembro, unha Xornada contra as Violencias Machistas no Pazo de Mariñán (Bergondo) á que asistiron un cento de labregas das catro provincias galegas. Desta maneira, e co apoio financeiro da Deputación da Coruña, estas mulleres asistiron a charlas e debates ao redor do tema da violencia e, xa pola tarde, realizaron un mural de denuncia dunha lacra que, en menor ou maior medida, nos afecta a todas.

  3. stop violencia machista

    A Secretaría das Mulleres organiza a "Xornada contra as violencias machistas" tras unha campaña formativa no rural

    22 de Novembro do 2016 · 

    Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Machista, dende a Secretaria das Mulleres do Sindicato Labrego Galego levaremos a cabo varias iniciativas como a “Xornada contra as violencias machistas”, que se celebrará o 26 de novembro no Pazo de Mariñán (Bergondo) para afondar en problemáticas como os menores e a violencia de xénero ou a imaxe das mulleres nos medios de comunicación. Apoiado pola Deputación da Coruña, este evento vai dirixido especialmente a labregas e contará coa participación de activistas de recoñecido prestixio como Estrela Gómez, da Asociación Galega contra o Maltrato de Menores (AGAMME), Alicia Ares Vilar ou Iria Vázquez Silva (podedes descargar o programa premendo na icona que atoparedes no remate desta páxina).

  4. Obradoiro mulleres arzúa

    Obradoiros da Secretaría das Mulleres en varias comarcas galegas para coñecérmonos as labregas

    25 de Outubro do 2016 · 

    A Secretaría das Mulleres vén de iniciar unha serie de obradoiros dirixidos a labregas que, ao longo deste outono, irán desenvolvéndose en diversas localidades de Galiza baixo a coordinación da técnica responsábel do Punto Delas, Rebeca Raso. O primeiro dos cursos celebrouse en Arzúa, o pasado 26 de setembro, baixo o título “Somos máis que corpo-máquina”.

  5. 8 de marzo

    A Secretaría das Mulleres do SLG no 8 de marzo: "Construindo feminismo, destruindo capitalismo"

    7 de Marzo do 2016 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego queremos denunciar e remarcar neste 8 de marzo a dobre invisibilización que sufrimos as mulleres labregas, pola nosa dobre condición de mulleres e labregas. Ademais, neste 8 de marzo queremos ter unha especial lembranza para a nosa compañeira da Vía Campesina, Bertha Cáceres, asasinada por loitar contra a inxustiza en Honduras; e co Barco de Mulleres Rumbo a Gaza que se fretará para denunciar diante da opinión pública o apartheid que sofren 1'8 millóns de palestinos e palestinas.