A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Secretaría da muller: 2017

  1. xornada violencias

    A Secretaría das Mulleres do SLG culmina cunha xornada na Estrada a súa campaña en torno ao 25 de novembro

    28 de Novembro do 2017 · 

    A secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego organiza mañá, mércores 29 de novembro, no local da Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós (A Estrada), unha xornada de análises e traballo en torno á violencia machista baixo o título “Labregas sementando igualdade”. Previamente, realizáronse obradoiros en localidades rurais como Ponteareas, O Rosal, Teixeiro, Lalín, ou nas parroquias compostelás de Marrozos e Sar.

  2. Xornada Ceres Outeiro de Rei

    Un cento de labregas abordan en Outeiro de Rei as problemáticas asociadas á titularidade compartida

    22 de Septembro do 2017 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, a Asociación Labregas e a Confederación de Mulleres do Mundo Rural (Ceres) celebraron este venres, 22 de setembro, en Vida de Aldea (San Clodio de Aguiar, Outeiro de Rei, Lugo), unha xornada multidisciplinar financiada polo Ministerio de Agricultura na que se abordou a cuestión da titularidade compartida nas explotacións e á que asistiron case un cento de labregas.

  3. Ana Eiras

    A Secretaría das Mulleres do SLG leva a Madrid propostas para enfrontar o fracaso da Lei de Titularidade Compartida

    18 de Septembro do 2017 · 

    A Lei de Titularidade Compartida entrou en vigor, o 5 de xaneiro de 2012, para dar unha solución á flagrante desigualdade que padecen miles de labregas que non son titulares da explotación na que traballan. Cando nacera a lei, calculábase que só na Galiza había 35.000 mulleres nesta situación, 400.000 se falamos a nivel estatal. Porén, dende aquela, só se deron de alta na Galiza 17 mulleres, 290 en todo o Estado.

  4. Rebeca Raso

    A economista Rebeca Raso Prazeres presenta a súa tese doutoral sobre a Secretaría das Mulleres do SLG

    8 de Xuño do 2017 · 

    A nosa compañeira e activista Rebeca Raso Prazeres vén de presentar, baixo a dirección de María Xosé Agra Romero, a súa tese doutoral “Justiça Social, Feminismo e Movimentos Sociais: a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego”. Foi o pasado 31 de maio, na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. Con este acto, Rebeca Raso Prazeres poñía fin a catro anos de intenso traballo durante os cales tivemos a sorte de contar coa súa participación tamén neste proxecto colectivo e en permanente transformación que é o Sindicato Labrego Galego.

  5. Beatriz Figueroa

    Labregas analizan en Mondoñedo alternativas para dignificar a profesión en caso de enfermidade e tras xubilarse

    12 de Marzo do 2017 · 

    O seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, acolleu ao longo de toda a mañá do sábado o arranque do XII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, que se está a celebrar durante toda esta fin de semana baixo o lema “Labregas por un trato digno na enfermidade e na vellez”. Foi un comezo intenso, cunha palestra na que un cento de labregas dialogaron sobre cuestións básicas para a súa vida profesional como as problemáticas á hora de abordar as baixas e incapacidades laborais, a loita das traballadoras que padecen enfermidades graves coma o cancro ou o incerto futuro do sistema de pensións.

  6. Rolda de prensa

    O XII Encontro da Secretaría das Mulleres do SLG abordará a violencia económica que padecen as traballadoras labregas

    7 de Marzo do 2017 · 

    O XII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego celebrarase esta fin de semana, o 11 e 12 de marzo, na vila lucense de Mondoñedo. Así o anunciaron a secretaria xeral da organización agraria, Isabel Vilalba Seivane, e a responsábel da Secretaría das Mulleres, María Ferreiro Santos, nunha rolda de prensa ofrecida hoxe en Lugo.

  7. Día de Loita Feminista

    Manifesto do Día Internacional das Mulleres 2017

    3 de Marzo do 2017 · 

    Como outros anos, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego participará activamente nas mobilizacións que se desenvolverán na Galiza con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. En concreto, as labregas tamén estarán na manifestación nacional convocada para o domingo 5 de marzo baixo o lema "Feminismo para avanzar. Todas unidas nunha mesma loita". De seguido, compartimos con vós o manifesto que se lerá ao remate da manifestación:

  8. Machismo mata

    A Secretaría das Mulleres do SLG apoia as manifestacións en repulsa polo asasinato machista do Carballiño

    31 de Xaneiro do 2017 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego apoia as concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas principais cidades e vilas galegas, hoxe 31 de xaneiro, en repulsa polo asasinato de Virginia Ferradás a mans do seu cónxuxe no Carballiño.