A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. ContraMINAcción denuncia a Cementos Cosmos por explotar ilegalmente unha canteira en Triacastela

ContraMINAcción denuncia a Cementos Cosmos por explotar ilegalmente unha canteira en Triacastela

11 de Marzo do 2014

Cementos Cosmos en Vilavella

A rede de colectivos contra a minaría destrutiva ContraMINAcción vén de denunciar á empresa Cementos Cosmos diante da Garda Civil por ter reiniciado actividades na mina a ceo aberto de Vilavella (Triacastela) no pasado sábado, 8 de marzo, saltando a orde de paralización de actividades por carecer de licenza urbanística que existe desde setembro do ano pasado.

Ademais da ausencia de licenza municipal, a propia empresa solicitou no departamento de minas da Consellaría de Economía e Industria a paralización temporal das súas actividades durante seis meses. Polo tanto, Cementos Cosmos está a violar tanto a legalidade urbanística como a legalidade da lexislación mineira.

Esta denuncia xa non é a primeira que se interpón contra esta empresa e, en breve, dende ContraMINAcción iniciaremos novas accións legais ante o gran número de ilegalidades que Cementos Cosmos está a perpetrar na súa canteira de Triacastela amparándose na pasividade e complicidade da propia administración.

Como proba, achegamos este vídeo gravado o 8 de marzo de 2014 que demostra a actividade de Cementos Cosmos na canteira de Vilavella:

 

undefined