A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Accións perante da solicitude de autorización de liberación de OXM´s na Galiza

Accións perante da solicitude de autorización de liberación de OXM´s na Galiza

28 de Xaneiro do 2009

PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS

A febleza do texto aprobado por consenso no Parlamento Galego o pasado 26 de Novembro, consecuencia da covardía política d@s nos@s representantes, foi apercibido polas multinacionais da biotecnoloxía como unha porta aberta para a liberación de novos OXM´s na Galiza de xeito experimental.

Compostela 28 xaneiro 09. Na rolda de prensa realizada na mañá de hoxe en Santiago de Compostela, a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) quixo trasladar á cidadanía os puntos seguintes:

A febleza do texto aprobado por consenso no Parlamento Galego o pasado 26 de Novembro, consecuencia da covardía política d@s nos@s representantes, foi apercibido polas multinacionais da biotecnoloxía como unha porta aberta para a liberación de novos OXM´s na Galiza de xeito experimental.

Neste primeiro ataque das multinacionais, estando inda no primeiro mes do 2009, son xa cinco os concellos galegos no punto de mira: Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.

 No caso deste último, declarado no pleno consistorial de agosto de 2008 como Zona Libre de Transxénicos-ZLT, atopámonos perante dunha actitude impositiva e prepotente por parte das empresas e irrespetuosa e irresponsábel por parte do Ministerio e do Goberno galego, obviando a oposición contundente da cidadanía e da administración local.

Conscientes de que nin o Goberno central nin o autonómico están asumindo a responsabilidade legal en materia de participación e consulta social no eido ambiental reflectida na Lei 27/2006, a PGA tomou a iniciativa de establecer contactos cos concellos afectados, constando a falla de información sobre a existencia destas solicitudes.

Queremos resaltar que as eivas no plano informativo son constantes ao longo de todo o proceso de implementación dos organismos modificados xenéticamente: procesos participativos abertos á cidadanía só por internet -so atopábeis tras unha profunda procura nas páxinas web do Ministerio-, descoñecemento do lugar exacto onde se van realizar as plantacións mesmo polos gobernos locais afectados, escurantismo, etc.

Salientar a falla de correspondencia do proceso consultivo ao respeito das persoas afectadas, nomeadamente labreg@s, que en absoluto se caracterizan por dispor dos coñecementos e/ou infraestruturas necesarias para facer saber o seu posicionamento por “vía internet”.

Non interesa, nin a empresas nin a gobernos, informar ou dar posibilidade de opinar á cidadanía sobor da implantación dos organismos modificados xenéticamente (OMX´s), un dos primeiros pasos cara a privatización total do proceso de produción de alimentos, que suporá regalar ás multinacionais o control da alimentación, orixinalmente en mans das labregas e labregos, e renunciar ao dereito á soberanía alimentar dos pobos.

A falla de información é se cabe máis escandalosa ao termos un representante da Galiza, Andrés Núñez Rajoy* (Xefe de Servizo de Produción Agraria Sostíbel e Sanidade Vexetal ) na Comisión Nacional de Bioseguridad, entidade que fica en entredito ao ter aprobado o cultivo de variedades de millo transxénico calificadas como “grave ameaza para a saúde” polo Goberno de Austria tra-los resultados dun estudo encarregado á Universidade de Viena.**

Perante desta situación, a Plataforma Galega Antitransxénicos:

-levará a cabo un control exhaustivo do peso que as alegación presentadas pola cidadanía terán no informe que presentará a Comisión Nacional de Bioseguridade.

-fará un envío masivo de solicitudes de información ambiental, amparándonos no dereito recollido na Lei 27/2006, ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, para procedermos á “coñecer a localización exacta mediante coordenadas xeográficas ou referencia catastral das parcelas onde se solicitaron os ensaios de liberación con códigos (B/ES/09/15; B/ES/09/18; B/ES/09/19; B/ES/09/20; B/ES/09/21; B/ES/09/22; B/ES/09/23; B/ES/09/24)”.

- solicitou xa unha reunión con Andrés Núñez Rajoy, representante galego na Comisión Nacional de Bioseguridade.

-estableceu contactos con representantes locais dos concellos afectados.

A PGA cuestiónase,

  1. -Quen preguntou aos labregos/as se querían poñer o futuro das súas leiras en mans das grandes empresas transnacionais da alimentación?

-Quen consultou á poboación se queremos comer transxénicos sen ser conscientes dos seus efectos?

-Por que non se etiquetan convenientemente os OXM´s?

-Por que non se aplica o Principio de Precaución se existen xa estudos que demostran a perigosidade destes organismos?

 

* andres.nunhez.rajoy@xunta.es

 

** Biological effects of transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies in mice.

 

Obterán máis información contactando con:

Nome

Responsabilidade

Colectivo

Teléfone

Charo Sánchez Parga

Voceira

SLG

669651700

Fins Eirexas Santamaría

Voceiro

ADEGA

661993406

Analia Moares Lameiro

Voceira

Amigos da Terra

988374318 / 660310049