A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. A Vía Campesina publica un caderno formativo con dez experiencias ao redor da agroecoloxía en catro continentes

A Vía Campesina publica un caderno formativo con dez experiencias ao redor da agroecoloxía en catro continentes

10 de Novembro do 2015

Caderno 7 Vía Campesina

A Vía Campesina vén de presentar o seu sétimo caderno de estudos baixo o título “Agroecoloxía labrega para a soberanía alimentaria da Nai Terra, experiencias da Vía Campesina”. Trátase dun traballo froito da construción colectiva das diversas organizacións que formamos parte da Vía Campesina en continentes como África, America, Europa ou Asia.

De aí xurdiron as experiencias recollidas nos dez textos que abordan a cuestión da agroecoloxía dende perspectivas como a formación, organización, produción ou comercialización. Este conxunto de experiencias representan un proceso dinámico de prácticas e xeración de coñecementos, tanto a nivel interno nas organizacións que formamos parte da Vía Campesina, como para o intercambio de coñecementos e o diálogo entre o campo e as cidades e vilas.

PODES DESCARGAR O CADERNO EN PDF PREMENDO NA ICONA QUE HAI NO REMATE DA PÁXINA: 

Caderno Vía Campesina

 

Ficheiro adxunto