A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. A 24h da xuntanza da Comisión Nacional de Bioseguridad A PGA reuníuse con Andrés Núñez Rajoy, representante da Galiza en devandita comisión

A 24h da xuntanza da Comisión Nacional de Bioseguridad A PGA reuníuse con Andrés Núñez Rajoy, representante da Galiza en devandita comisión

4 de Febreiro do 2009

Reunión da PGA con Núñez Rajoy

Compostela Na mañá de hoxe representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos, dentro da orde de accións previstas polo colectivo coma reacción á recente publicitación de novas solicitudes de concesión de campos de ensaios experimentais, reuníronse co Xefe de Servizo de Produción Agraria Sostíbel e Sanidade Vexetal, Andrés Núñez Rajoy, representante da Galiza na Comisión Nacional de Bioseguridad (CNB , órgano consultivo estatal).

Esta reunión é previa á comparecencia mensual da CNB que terá lugar mañá en Madrid e na que se avaliarán as solicitudes de ensaio así coma as alegacións presentadas na súa contra (tanto da PGA e colectivos integrantes coma de organizacións de ámbito estatal).

Neste encontro, Núñez Rajoy trasladou á PGA a receptividade da Consellaría do Medio Rural perante das premisas defendidas pola Plataforma, propoñendo establecer un calendario de contactos periódicos (“cada mes e medio ou dous meses”) a fin de traballar conxuntamente na potenciación “dunha agricultura sustentábel, produtora de alimentos de calidade, conservadora do medio ambiente (...) non entrando dentro da súa estratexia apoiar o cultivo de transxénicos no territorio galego” *.

Neste senso concretouse a iniciativa de establecer unha comisión de traballo conxunto entre administración e cidadanía, para dotar dunha maior forza a postura de rexeitamento fronte á introdución de cultivos transxénicos no noso país.

Asemade, deu conta da presentación, en nome da Consellaría do Medio Rural, de alegacións ás concesións solicitadas (Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada).

Estas alegacións versaron en torno á existencia de variedades autóctonas de millo na Galiza, salientando que os cultivos transxénicos “non aportan ningunha mellora significativa á produción”, “non está suficientemente probada a ausencia de riscos para a conservación da biodiversidade” e “a súa popularización pode lesionar a imaxe de marca de calidade de Galiza”.*

Tras confirmar que a CNB ten unicamente carácter consultivo, e que a decisión de aprobar ou non a introdución de transxénicos corresponde á Comisión Interministerial, a Plataforma Galega Antitransxénicos trasladará a este ámbito o posicionamento contrario aos OXM´s da cidadanía galega.

 

*Cita extraída das alegacións presentadas pola CMR.

 

Obterán máis información contactando con:

 

 

Nome

Responsabilidade

Colectivo

Telefone

Charo Sánchez Parga

Voceira

SLG

669651700

Analía Moares Lameiro

Voceira

Amigos da Terra

988374318 / 660310049