A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. O SLG inicia unha campaña de envío de postais á Consellaría do Medio Ambiente para solicitar compensacións polos danos causados pola fauna salvaxe nas explotacións

O SLG inicia unha campaña de envío de postais á Consellaría do Medio Ambiente para solicitar compensacións polos danos causados pola fauna salvaxe nas explotacións

30 de Septembro do 2008

Xabarís

O Sindicato Labrego Galego vén de presentar na mañá de hoxe, no Clube Internacional de Prensa (Santiago de Compostela), a campaña de envío masivo de postais á Consellaría do Medio Ambiente: “COMPENSACIÓN DE TODOS OS DANOS OCASIONADOS POLA FAUNA SALVAXE”. 

Como temos denunciado en repetidas ocasións, ao longo deste ano, ás graves dificultades presentes nas explotacións galegas por mor da suba dos custos de produción e a inestabilidade dos prezos dos nosos produtos, houbo que engadir as perdas causadas polos ataques da fauna salvaxe ás colleitas e ó noso gando. 

Termos solicitado reiteradamente reunirnos coa Consellaría do Medio Ambiente para atopar unha compensación destas perdas económicas, e mesmo concentrarnos diante de devandita consellaría o pasado mes de agosto, semella non ser dabondo para convencer á Administración galega da urxencia de tomar medidas paliativas para as explotacións.

Mediante o envío destas postais, as persoas que o desexen poderán axudarnos a transmitir á Consellaría do Medio Ambiente que cómpre tomar medidas urxentes para compensar todos os danos colaterais ocasionados pola fauna salvaxe nas explotacións agrogandeiras : estres, abortos, lucro cesante, veterinario/a, sementeiras, gasóleo, tempo de reposición dos cultivos, materia prima para o autoconsumo da explotación... 

A necesidade de conservación da fauna salvaxe ten que recaer no conxunto da sociedade galega e non só nas explotacións agrogandeiras, polo que habería de contar con partidas orzamentarias propias. Neste senso, cómpre ampliar o termo “fauna salvaxe” e incluír outras especies que están a causar estragos (corzos, corvos, coellos..) 

Ademais, nas zonas catalogadas como lobeiras e onde se recollan datos continuados de perdas por xabaril ou outras especies, deberanse estipular primas anuais para as explotacións. 

Tódalas explotacións afectadas deben ter dereito a cobrar e ser contempladas sen limite mínimo de animais na explotación. 

Tense que desenvolver como prioritario a compatibilidade da fauna salvaxe e as explotacións agrogandeiras do noso País. 

Moitas grazas pela súa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON 
Charo Sánchez Parga, Secretaria de Meioambiente, Terra e Montes do SLG, 
TLF: 669 651 700

Ficheiro adxunto